Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.570 posts
45 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • O eco dunha denuncia

    O eco dunha denuncia

    Hai xa algún tempo que se comenta no pobo de Ribadeo que o parapeto de bandeiras é ilegal. Primeiro, o mamotreto foi posto dentro do recinto das escaleiras do concello, pero parece que non foi dado o visto bo por Patrimonio. Despois, baixouse o pedrón fóra do recinto, e engadíuselle un letreiro para tentar compensar…

  • Este domingo, día na Nakba en Ribadeo

    Pola paz, en xustiza!

  • Hai pedir paz tamén para a Sumud

    A día de hoxe sabemos que as forzas israelís atacaron a Global Sumud Flotilla amáis de 1000 km das súas costas ou das de Gaza, en augas internacionais, ó estilo do que o está a facer EEUU en augas internacionais perto de Sudamérica. Paz. É o desexo da grande maioría da humanidade, pero quedan fora…

  • Faltan ribadenses

    Faltan ribadenses

    Faltan ribadenses De xeito periódico, cando sae a actualización das estatísticas de poboación hai un medre de novas sobre a catástrofe demográfica galaica, como se di nos termos máis alarmistas. Non vou entrar aquí a xulgar se é ou non catástrofe, as oportunidades que ofrece ou deixa de ofrecer e outros asuntos semellantes. Mais, como…

  • Recuncho da lectura: O Gatopardo

    Recuncho da lectura: O Gatopardo

    O Gatopardo. Giuseppe Tomasi di Lampedusa. ISBN 848288851X. Ed. Galaxia, Vigo 2005. 279px. Para min, unha novela diferente, que trata un tema pasado pero non tanto en canto a que pode tomarse como arquetipo con ollos po presente introspeccionando as persoas pasadas. Sen reviravoltas de máis nin parágrafos sobranceiros, e con algunha cita máis tan…

  • Antonio Díaz Amor, melómano (1965-2026)

    Antonio Díaz Amor, melómano (1965-2026) Carlos Álvarez Lebredo Poderíase poñer a palabra ‘músico’ en vez de ‘melómano’ no título deste artigo. Porque no tempo que lle concedeu a vida (60 anos) a Antonio Díaz Amor ‘Coté’ el foi músico xusto ata aí diante (pouco, como el mesmo recoñecía) pero a cambio foise convertendo co tempo…

  • Domingo de Ramos, domingo de Paz

    Un novo domingo, este, o domingo de Ramos de 2026, teremos unha nova concentración pola paz. En Ribadeo, diante do concello, ás 12:30. Para seguir o blog enMastodon ou o Fediverso e recibir actualizacións directamente:

  • A sociedade civil ante as súas demandas. Pablo Mosquera Mata

    A sociedade civil ante as súas demandas Os riscos que para a saúde ten a contaminación. Os riscos que supón para o condutor o estado da rede viaria responsabilidade de diferentes instancias públicas. A sanidade á que se encarga a garantía do dereito á saúde e os tempos que inciden no prognóstico para as enfermidades…

  • AS ARCAS DAS TRES CHAVES / EPÍLOGO. Pancho Campos

    FIDALGUÍA (IV) AS ARCAS DAS TRES CHAVES / EPÍLOGO Pancho Campos Dorado Como xa referíamos, en nota aparte, no artigo anterior, chamábase Arca das tres chaves a unha caixa de madeira, prismática, con tapa abatible embisagrada e de certa envergadura, que se pechaba con tres cerraduras, cadansúa chave independente e de diferente combinación. Xeralmente o…

  • O Altruán, lenda e contrastes

    Comezos de ano. Día de Reis. Un bo día para lembrar que hai non moito unha persoa estranxeira coñecida preguntoume polo Altruán. Tiña curiosidade despois de ter mercado unha reprodución dunha imaxe del en Vivín. A imaxe impactoulle e naceulle o formigueo de saber máis da vida deste home de Ribadeo. Díxenlle o que puiden…