-
OS LIBROS VAN Á OFICINA. Xosé Carlos Rodríguez Rañón
OS LIBROS VAN Á OFICINA Xosé Carlos Rodríguez Rañón Quen ía imaxinar que o fomento da lectura entre traballadores e profesionais sería algo a potenciar para mellorar o seu benestar físico e mental, o seu rendemento no traballo e a comodidade “in situ” durante a súa xornada laboral. Empresas e fábricas de todo tipo (mesmo…
-
Bo Nadal!
-
2os Bítere de Honra
O 28 de decembro é tradicionalmente celebrado o día dos Santos Inocentes. Este ano, ese día, o domingo 28 de decembro, nun sinxelo acto no Canteiro, en San Pedro de Benquerencia (Barreiros), terá lugar a celebración doutro tipo de inocencia, a que se dá ós máis polo coñecemento: será a entrega dos segundos Bítere de…
-
Adeus ó ceo
Adeus ó ceo Sempre me gustou mirar ó ceo. Sexa de noite, escura, cuberto, con lúa chea, con estrelas visibles, ou de día, con nubes claras ou escuras, chuvia, luz entre masas de nubes, rechamantes amenceres e tenros atardeceres, con arco da vella ou ceo totalmente despexado. De calquera xeito. E lembro a primeira vez…
-
153 toneladas de bombas
O modélico tratado consensuado por Trump, a paz en Gaza, segue a dar os seus froitos. Neste caso, este domingo, 153 toneladas de bombas sobre a cidade. Bombas que calculo terían que procurar ben para atopar algo para destruír, algo que aínda quedara sen reducir a escombreira. Mentres, os gazatís incumpren o acordo: non entregan…
-
co mundo, á rúa! A flotilla somos nós
Israel atacou. Nós facemos algo que podemos.
-
Ruído
Ruído Un incendio que amosa unha fronte cunha potencia de 10000 W por cada metro é incontrolable. Hoxe instálanse palcos de orquestras cunha potencia de son que se lle vai achegando. Hai veces que as palabras determinan, ou ao menos inducen a pensar non só nos obxectos ou as accións que designan, senón tamén na…
-
Da volta á paz
Este domingo está previsto, como todos, unha concentración en Ribadeo pola paz e contra o xenocidio en Palestina. Mais a ‘Vuelta a España que comezou en Italia’ segue, e este domingo parte a etapa dende A Veiga, e continuará así tamén a protesta pola participación dun equipo israelí. Aquí quedan pois as dúas convocatorias:
-
Pola paz. En Ribadeo, este domingo
Un domingo máis, en Ribadeo celebrarase unha concentración pola paz. Nos momentos que vivimos, dirixida de xeito particular pola paz e contra o xenocidio en Palestina. Un apoio para o pobo Palestino e estes días, tamén para a flotiña que tentará rachar o cerco israelí e minguar a hambruna gazatí. Unha nota: Nalgúns lugares aparece…
-
Nós tamén fomos emigrantes… si, pero non así.
Estos días está en Ribadeo a exposición ‘Nós tamén fomos emigrantes’, con fotos relacionadas coa emigración entre a guerra e os anos 60. Cando vin o cartel, fíxenme á idea de vela, na Oficina de Turismo. E alí fun hoxe. Certo, non é a idea que tiña dunha exposición sobre a emigración galega. A exposición…
