Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.609 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Fundindo o xeo. Que mareo!

    Fundindo o xeo. Que mareo! Que calor! 2026: un ano que aínda non rematou pero leva todas as cartas para bater unha nova marca no quecemento global dende que hai rexistros. Un quecemento global que non só segue empurrando o termómetro, senón que o fai cada vez con máis claridade: máis continuidade batendo marcas o…

  • Desfrutando de Galicia en bicicleta

    Despois de ser presentdo en Viveiro, chega a Ribadeo ‘La vuelta a Galicia en 80 pedaladas’. Libro feito con calma, coa calma da pedalada. Un libro que me lembra a serie de artigos no blog ‘Atravesando a península. Crónica dunha viaxe‘ sobre a travesía en bicicleta de Ribadeo a Valencia e hai tempo que quedou…

  • Uns tesóns ameazados pola ría

    Na ría de Ribadeo, os tesóns son esas estruturas areosas, bancos de area, que contribúen a realzar a beleza da ría ó quedar ó descuberto ou quedar mergullados e ocultos segundo o momento en que se atope o ciclo de marea. Son máis antigos que as máis antigas crónicas que falan da ría. Ó fin,…

  • NOTA INFORMATIVA DA AAVV POR NUESTRO FARO SOBRE O ECLIPSE E A FESTA NA ILLA PANCHA

    NOTA INFORMATIVA DA AAVV POR NUESTRO FARO SOBRE O ECLIPSE E A FESTA NA ILLA PANCHA

    NOTA INFORMATIVA DA AAVV POR NUESTRO FARO SOBRE O ECLIPSE E A FESTA NA ILLA PANCHA         Xa pasaron trece anos dende que a Autoridade Portuaria puxo en marcha o Programa “Faros de España” para promover a privatización dos faros con fins turísticos e nalgún caso culturais. Once dende que se aprobou…

  • Preparando a eclipse

    Preparando a eclipse

    A eclipse do día 12 está causando moita expectación. Os medios estano a mover, e iso nótase. De cando en vez aparece algo reseñable, e esta vez coido que ten entidade abondo como para poñelo no blog. É unha ferramenta que permite situar o Sol no momento da eclipse, a partir da túa posición. A…

  • “O Panorama nas Catedrais: 21 anos de desprotección”. Iván Rodríguez Lombardero

    Sabido é que para as nosas administracións o respecto pola natureza e o coidado da contorna nunca foi unha prioridade. Sofremos dunha inconsciencia xeralizada sobre as repercusións da contaminación (química, radiativa, sonora) na nosa saúde, tanto coma sobre os efectos das nosas accións sobre os sistemas e procesos naturais. Enganámonos cunha errada percepción de bo…

  • É isto un incendio?

    É isto un incendio? Unha publicación de Civio en Mastodon.social déixao claro: segundo as súas investigacións, en 55 anos, entre 1968 e 2023, houbo máis de medio millón de incendios forestais en España. En concreto, 641 751, é dicir, dous por cada habitante da provincia de Lugo. Incendios que queimaron un total de 8 179…

  • Accidente na ría

    A ría de Ribadeo ten tráfico, e normas. Abondo tráfico, poucas sinais e menos cumprimentos dalgunha das normas. Hai tempo que, máis aló dagunha dificultade na saída de algún buque cargado, que corresponde a outro nivel, ou dalgunha barca que queda no tesón baixando a marea, é un perigo adentrarse nas calmas augas. Moto acuáticas,…

  • Bandeira negra para illa Pancha

    Bandeira negra para illa Pancha (e van 3) Hai uns días foi publicado o informe de Bandeiras Negras de Ecoloxistas en Acción correspondente a 2026. Dito informe sempre é motivo de reflexión, e sobre todo se sinala algún punto próximo a nós, como é o caso. Así que, sinxelamente iso: reflexión e acción (que inclúe…

  • Para manter a ría viva. Polas nosas árbores e Plataforma para a defensa da ría de Ribadeo

    Para manter a ría viva. Polas nosas árbores e Plataforma para a defensa da ría de Ribadeo

    O Servizo de Portos do Principado de Asturias promove un proxecto de escollera para a ampliación do Porto Deportivo de As Figueiras, actualmente en período de exposición pública. O proxecto contempla a construción dun muro ou escollera de 185 metros de longo e 8 metros de altura, situado fronte ao porto actual, que sería parcialmente…