Por fin, hoxe, 26 de decembro de 2006, a casa da Xuventude emprégase para a xuventude.
Coido que o anterior é abondo explicativo, despois de esperar e esperar. Coa pirámide demográfica de Galicia, e ademáis tendo en conta que a xente nova non vota, os gastos de transporte en tren da xente maior non se miran tanto, pero a apertura desta casa para a xente nova é fariña de outro costal, costal que por fin se abriu para brindar un lugar no que os cativos van poder ter actividades nestes días. Días nos que a longa noite podería propiciar o uso do telescopio de Sta. Cruz, se se dispuxera dunha chave pedida hai tempo, correspondendo cun convenio asinado polo concello.
Por certo, hoxe entereime que non son o único ó que o representante do concello lle dí cousas como ‘faigo o que me sae dos collóns’, pois parece que a máis de dúas persoas lles ten dito máis ou menos ‘cos cartos do concello fago o que me sae das pelotas’, ou que non ten que dar contas a ninguén (algo que xa dixo en público en mesa redonda hai tempo e do que quedou nota no blog) e así deixo constancia tras ter a testemuña correspondente.
A foto pode titularse ‘vista sobre a ría de Ribadeo’. Accidente xeográfico que por certo aparece con ese nome nos mapas de Schulz que están expostos estes días na oficina de Turismo.