En Ribadeo, dende hai uns tres anos, cada domingo celébrase unha concentración en contra das guerras. Uns días con máis xente, outros con menos. Entre amigos chamámoslle a misa laica porque se trata dunha reunión comunal na que se lle presta culto aos valores e principios que consideramos dignos de conservar. Ponse especial fincapé en
Nas semanas anteriores escribín sobre Intelixencia Artesanal e Coñecemento Operativo, conceptos que aprendín do coloquio que organizou Enxeñería Sen Fronteiras o 20 de abril en Santiago e que non quería que pasasen desapercibidos. Hoxe remato a entrega cunha cita de Margarita Padilla: “El Chatbot no tiene conocimiento, tiene conversación” O coñecemento non é un conxunto
No artigo anterior desta serie de tres, desenvolvín o concepto de Intelixencia Artesanal como unha alternativa de aprendizaxe que temos dispoñible e que precisamos recuperar. Neste tratarei a idea de Coñecemento Operativo, a cal pode perfectamente ir da man da primeira. Durante a charla-coloquio sobre “Aprendizaxe e Intelixencia Artificial”, Laura Pérez trouxo sobre a mesa
Non quería que o coñecemento compartido do último mes ficase no aire ou estancado nun repositorio cheo de videos, por iso decidín crear un post con elo, porque cando repetimos o coñecemento pouco a pouco vaise convertendo en cultura xeral. Da intención dun artigo saíron tres que corresponden a tres conceptos os cales me foron
Non vos enganedes, isto non se trata dun artigo de moda, nin moito menos dunha listaxe de consellos estéticos para disimular a nosa clase social con prendas fabricadas co sufrimento doutros. Isto trátase dunha protesta en contra da perfección, de ir de domingo un luns calquera, de ter que mercar roupa cada estación ou de
Durante oito anos traballei na sanidade vendo como os meus pacientes se enfrontaban aos retos do cancro. Eu mesma perdín a meus pais por esta enfermidade a moi pronta idade. E aínda así cada vez que vexo un anuncio de protesta contra o cancro, non acabo de comprender a súa finalidade. Resúltame absurdo considerar o