Non todos entendemos o mesmo por igualdade de oportunidades
Autocrítica da conversa feminista: Sacándolle partido ás notas que tomei durante un curso que fixen para a certificación de igualdade no entorno laboral. Aprendín que non sempre se aprende onde un pensa que vai aprender. Aínda que algo aprendín, aínda que fose decepcionante.
Hai uns meses fixen un curso de igualdade no entorno laboral. É un deses certificados oficiales que saca o Estado. Resulta que a maioría deses certificados se conseguen a través de cursos baleiros de aprendizaxe, con alumnos pouco implicados e profesorado aínda máis desinteresado. Pero eso é tema para outra ocasión. Poida que sexamos catro persoas as que non éramos conscientes do absurdo destas titulacións…
O tema que quero discutir neste artigo é outro: a falta de consenso sobre o que significa a igualdade e a discusión superficial que acostuma a darse nos ambientes que supostamente a difunden. Ocorre o mesmo co feminismo, que é feminista e que non o é? Por suposto, o feminismo é unha corrente filosófica que se aplica no día a día, non é unha listaxe de comportamientos, non é un dogma a seguir. Máis ben son unha serie de preguntas que se tratan de responder cando a dúbida asoma. Con todo, semella que non todo o mundo chega ás mesmas conclusións, ao meu parecer, por ficar demasiado tempo na superficie dos problemas e na morbosidade da inxustiza, cando o que se precisa é afondar ata tocar as raíces, as causas que a orixinan.
O patriarcado a miúdo explícase en oposición ao feminismo. Sería a carencia de igualdade entre o home e a muller, resumíndoo simplistamente, o desequlibrio entre o privilexio do home e os retos da muller. Pero é que esta definición non abarca nin unha porción do asunto. De feito, véxoa contraproducente se queremos transmitir a mensaxe da súa nocividade. O patriarcado é un sistema dogmático que perxudica tanto a homes como mulleres, incluso se a súa premisa xeral di alzar a figura masculina sobre a feminina.
Detéñome neste matiz porque me sorprendeu que falando de igualdade no entorno laboral e feminismo non se mencionou o capitalismo ata que a miña insistencia foi clara sacando o tema por terceira vez. Trátase de igualdade de oportunidades no traballo pero o curriculum centrábase na diferenciación cultural de home-muller sen cuestionar a toxicidade e problemática das características asignadas a cada un. A xeneralización pode ser útil cando llo explicamos a cativos de oito anos, mais non é aceptable se estás a instruir axentes que asesorarán a empresas e crearán planes de igualdade.
Non se pode falar de patriarcado sen mencionar o capitalismo porque o patriarcado é o sistema de crenzas que sostén a ese sistema económico en particular.
A división de sexos, clase, raza ou calquera outra discriminación que se lles ocorra aos fascistas, ven a proporcionar un servizo: desestabiliza a comunidade e converte ao individuo nunha presa fácil ante as demandas do capital.
Supoñamos agora que neste curso se escolleu só a problemática da discriminación da muller por ser un problema acuciante a través de toda a sociedade. Un dos primeiros exercicios que realizamos no curso foi analizar palabras que se relacionaban coa muller e co home e discutir porque a sociedade os comprende asi: sensibilidade, fortaleza, agresividade, delicadeza… Xa imaxinades como ía a cousa. Entre todas as palabras houbo unha que me chamou a atención pola maneira sobre todo en que se lle asignaba categóricamente un valor positivo á mesma.
Ambición.
Sen poder eu cuestionalo, acordouse que a ambición era algo positivo en si mesmo, valorado con frecuencia nun home ainda que nunha muller se percibise como ameazante. Eu cuestionome se esta cualidade non é unha característica do individuo capitalista, ese que sempre quere máis, que non se conforma e procura posicionarse de forma avantaxada en canto ao resto da sociedade.
É realmente algo útil para o total da sociedade ou é un valor do capitalismo que fomenta a individualidade?
Despois de comentalo con varias persoas, inclusive unha psicóloga, tiven que admitir, que de forma moderada e con obxectivos dirixidos cara o ben común, a ambición pode chegar a ser positiva. Mais creo que cando nos imaxinamos a unha persoa ambiciosa rara vez pensamos en Jane Goodall, mentres que con frecuencia se nos ven á cabeza Marta Ortega. Non sei se vedes por onde vou.
Do mesmo xeito, irritoume que se considerase a debilidade como sinónimo de vulnerabilidade ou emotividade. Penso que ver as emocións como un signo de debilidade é unha das crenzas principais do patriarcado que pretende desprendernos da nosa humanidade para así facernos máis permeables á crueldade. Sentenciei, pois, que estaban a esquecer a calidade do temperamento agresivo como a manifestación dunha emoción (a rabia) o cal a converte na verdadeira debilidade.
Resúltame insuficiente e case delirante procurar igualdade sen atender a opresión que exerce o sistema sobre toda a poboación posto que esa tensión é a que alimenta a “guerra entre os xéneros”. Esa opresión exércese a través do control emocional, xa sexa reprimindo certas emocións ou alimentando outras.
As emocións son, na miña opinión, un terreo pouco explorado no feminismo. Así é que dentro do movemento se poden atopar activistas con patróns psicolóxicos propios do patriarcado. É crucial abordar este ámbito se realmente pretendemos afondar na causa principal das relacións humanas tóxicas xa que son un elemento básico da violencia.
As emocións son o algoritmo que decide os nosos comportamentos e definen así mesmo a forma de presentarnos na sociedade. Teñen, por tanto, moito que ver coa nosa identidade. Durante o curso, ao falarmos dunha loita entre xéneros, razas ou sexualidades, a identidade era un tema inevitable. Por iso me decepcionou novamente que se deixase de ter en conta un factor tan importante como é o traballo.
Nos axentes implicados na construcción da identidade consideráronse a familia, a escola, a linguaxe e os medios de comunicación, pero non o traballo (base fundamental da sociedade capitalista). Comentouse que os anos máis importantes para o desenvolvemento da identidade danse durante a infancia por ver e emular aos pais e nais, sen embargo o feito de que os proxenitores estean determinados e restrinxidos polo seu ámbito laboral non se reflexionou. A necesidade frecuente de gran parte da población de escoller constantemente entre traballo e familia non se percibe como un factor influente na identidade. E con todo, a maioría de nós presentámonos coa nosa ocupación por diante.
A actividade laboral, medida de diferenciación entre clases, é a carta de presentación máis empregada a día de hoxe. De feito, quen non consegue definirse cunha profesión periga de sufrir unha crise existencial ao non atopar, ou atopar dificultades na procura do seu lugar nunha sociedade que organiza aos seus individuos a través da lente do mercado laboral.
A identidade, como término parello da personalidade, vese afectado notablemente polo traballo xa que non se trata só de ter un emprego senón tamén de non telo. Segundo o patriarcado, a identidade feminina asóciase aos traballos de coidado, non importa moito se este se desenvolve no entorno familiar ou laboral. Esta é unha premisa que está bastante clara dentro das conversas de índole feminista, mais o que non queda tan claro é a forma de proceder no intento de solucionar a desigualdade entre homes e mulleres.
A conclusión fácil é crer que abondaría con compartir as tarefas de coidados no ámbito familiar e proporcionar máis servizos públicos que lle permitan á muller descargar estas responsabilidades para poder adicarse á súa profesión durante unha horas diriarias. Dende o meu punto de vista, é unha conclusión superficial e que non resolve moito posto que as persoas, sexan infantes ou maiores, que precisan de coidados non deben estar relegadas a ser atendidas en grupos grandes por unha profesional agota (porque sempre é unha muller a cal asume este tipo de empregos, por certo, precarios). O coidado non se pode comprender como unha molestia ou un trámite, é unha necesidade básica para a sociedade ademáis de ser o que acostumaba a definir a calidade humana. Por tanto, esa solución de implicar aos homes máis nos coidados podería achegar ao xénero masculino a nós, o cal estaría ben ata certo punto para que adquirise empatía experimentando na súa propia pel os nosos sufrimentos, mais non solucionaría a desigualdade como tal. Crear de forma masiva emprego precario para proporcionar coidado precario non é a forma de obter igualdade laboral, é no entanto, a maneira de ofrecerlle ao capital máis corpos que explotar e máis servizos dos que lucrarse.
Existe unha paradoxa que mostra como de profunda reside a causa desta problemática: as mulleres euporeas escollen coidar mentres que as indias escollen as STEM.
Calquera persoa á que lle preguntes dirache que Europa é un recanto do mundo onde hai maior igualdade de oportunidades ademáis de ser unha sociedade máis feminista debido á extensión deste movemento social entre a súa poboación. Porén, o feito de que as mulleres desfrutemos de máis liberdade que noutros países non fai que escollamos menos empregos relacionados cos coidados, nin que nos decantemos por postos laborais con maior estima social como acostuman a ser aqueles relacionados coas ciencias exactas. De feito, os países occidentais teñen unha menor proporción de mulleres graduadas nas STEM que países considerados máis patriarcais como é o caso da India. Isto non é unha elucubración miña, é un dato estadístico verificado, aínda que pouco estudado.
Coa intención de coñecer a perspectiva das miñas compañeiras e compañeiros espuxen esta información durante unha das discusións do curso. De primeiras, recibín un grado considerable de incredulidade, logo mostrei algunhas noticias como as da ligazón que fan referencia a estudos oficiais e, daquela, bugueei á profesora durante un cuarto de hora. Debuxados na súa mente e na súa cara, os esquemas do ben e o mal, do correcto e do incorrecto, derrumbáronse ante os meus ollos. Un país o cal dende Europa recibe constantes comentarios negativos sobre a súa cultura e costumes, criticándoas de patriarcales e misóxinas, resulta demostrar unha alta inclusión de mulleres en carreiras de enxeñería, matemáticas, tecnoloxía e outras ciencias. E por que ocorre isto?
Por que as mulleres europeas, especialmente do norte de Europa, escollen profesións relacionadas cos coidados como son as desenvoltas no ámbito da saúde e da educación?
Con certa frecuencia, as mulleres indias escollen a súa profesión non segundo as súas preferencias e gustos, senón segundo as previsións económicas de dita profesións. É dicir, buscan unha ocupación que lles proporcione un bo salario aínda que non lles xenere satisfacción persoal. Falamos dunha sociedade moi empobrecida, polo que é lóxico que prefiran sacrificar as súas preferencias en troques dunha seguridade económica que lles permita unha vida tranquila, a elas, e á súa familia.
E que pasa coas mulleres do norte de Europa? Por que escollen ser maestras ou fisioterapeutas e non programadoras ou deseñadoras industriais? Poida que o feito de que elas non temen a escaseza económica do mesmo xeito que as compañeiras indias lles permita decantarse por profesións que requiren certa “vocación”. Marco deste xeito a palabra vocación xa que o que esta expresión ven a dicir a meirande parte das veces é que aceptan peores condicións laborais porque valoran a actividade que están a realizar. As mulleres europeas, ata certo punto, poden permitirse esta desigualdade laboral e continuar acadando unhas condicións de vida dignas. As mulleres indias non dispoñen desa posibilidade así que apostan o seu futuro á opción menos arriscada económicamente.
O que dende unha posición privilexiada se observa como unha escolla de identidade (enxeñeira, matemática, científica…) trátase na realidade dunha imposición máis do patriarcado o cal insiste en eliminar a dignidade do ser humano magullando a calquera que aprecie e desempeñe as actividades de coidado que sosteñen a nosa sociedade. Non pretendo eliminar as campañas que animan ás máis novas a explorar o seu interese pola tecnoloxía e a ciencia, pero tampouco creo que debamos culpabilizar a súa escolla laboral da precariedade e desigualdade laborais ás que se enfrontan as mulleres. Iso é máis típico do patriarcado que do feminismo.
Non se pode falar de feminismo sen conversar primeiro do vínculo indivisible entre patriarcado e capitalismo. A desigualdade, e en particular a laboral, está condicionada por elementos materiais tanto como o está polos sociais. Eu non desexo que a muller prospere reemprazando a homes na pirámide social ou forzando unha paridade numérica entre a élite, eu ansío unha sociedade que derrube as xerarquías e que nos presente en igualdade ás líderes e aos creadores, ás proveedoras e aos coidadores.
Aínda quedan algunhas notas que tomei durante ese curso e que compartirei deste xeito en próximos artigos, así que sígueme ou subscríbete á miña newsletter.

Deixa unha resposta