Gravación do coloquio sobre a produción de cultura no rural durante a Cedofestiña 2024, evento organizado por As Vacas Fracas, asociación cultural e artística de Ribadeo.
A cultura chega e xurde no rural, mais iso non é todo. O arte do rural tamén ten outra forma e outro espírito. Reflexa comunidade e dedicación tal e o como o demostraron os membros da asociación As Vacas Fracas que empregaron un patrimonio tan fermoso como é o Pazo de Cedofeita para acomodar visitas, curtametraxes, coloquios e concertos. Todo un reto, pero todo ben conseguido. Aquí vos deixo a miña participación xunto a moderadora Alba, a directora da curtametraxe “A Mirada Delas”, Clara Maseda, e a creadora de Viva La Pepa, Sandra González.
Que non sexa a última Cedofestiña!!
Deixa unha resposta