Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Unha placa en feminino

    Só unhas verbas para poñer a imaxe que se descubrirá esta tarde: a placa de recoñecmento a Manuela Barreiro Pico como primeira licenciada en farmacia de Galicia, no lugar onde unha muller rexentou por primeira vez unha farmacia en España.

  • Asasinato de muller

    Os asasinatos de mulleres en razón de insubmisión ó home correspondente veñen de lonxe. Fixéronse visibles co cambio de mentalidade e están lonxe de desaparecer. Esa é a realidade. Hoxe lerase no concello o seguinte manifesto: MANIFESTO 19X Alerta Feminista “No que vai de ano son 31 as mulleres asasinadas pola violencia machista que tamén…

  • Alcaldía de Ribadeo e idade: un gráfico

    Polo momento está incompleto, pero xa é indicativo. A idea xurdiume despois de ver onte un artigo sobre o aumento de idade dos alcaldes a medida que se ía afastando o tempo da proclamación da Constitución Española, é dicir, do aumento da media de idade coa ‘consolidación da democracia’. Quixen comprobar se en Ribadeo pasaba…

  • Mexadoiro evolución: precuela

    Despois da anterior entrada, ‘Mexadoiro evolución‘, decateime de que faltaban cousas revias en relación ó ‘Mexadoiro de King Kong / fonte no parque da Pza. de España’, que son as que poño agora na web. Abril de 2007 (‘Ribadeo, Ribadeo‘): “454000€ (máis de 75Mpts) son anunciados para a Pza. de España, contando ademáis da obra,…

  • Mexadoiro Evolución

    Case seguro que se comprendía mellor en inglés: Mexadoiro Evolution. Refírome ós cambios e transmutacións do ‘Mexadoiro de King Kong’ / fonte do Parque da Pza. de España dende a súa construción ata a actualidade. A semana pasada, dende o concello, tomeille unha foto, e lembrei que tiña máis ou menos a historia gráfica. Aí…

  • Unha liña de autobús esquecida

    Queres subir o luns en autobús de liña á festa das Cruces? Agora que se trata tanto da reodenación das liñas de autobús en Galicia, e onte tamén en Ribadeo da promoción da Romaxe das Cruces a Festa de Interese Turístico de Galicia… Estou tratando de enterarme, pero non parece doado. As liñas de autobús…

  • Pleno especial sobre petición para a festa das Cruces

    Hoxe. Si, este si estaba avisado por unha nova do concello. Dende hai tres días. Como non vou poder ir, pero é previsible (ver a nota de prensa embaixo) unanimidade e rapidez para pedir que a Romaría das Cruces sexa Festa de Interese Turístico de Galicia, unha pequena lembranza dun pleno ordinario, de 24 de…

  • NOTA INFORMATIVA DO COLECTIVO POR NUESTRO FARO (Remitida ao Concello de Ribadeo)

       A foto que hoxe publicamos foi tomada o luns, 29 de Maio, ás 16:20 horas. Os medios de comunicación anuciaban o día 26 que os apartamentos estaban precintados por orde do alcalde. Pero ese suposto precinto deixa pasar coches particulares. Dende o noso ponto de vista o Sr. Alcalde de Ribadeo, ao longo das…

  • Quen non chora non mama, edición Ribadeo

    Ben, o título podía referirse a outros ditos, pero é o que se me ocorreu… Atópome no xornal (que non no taboeiro de novas do concello), que foron decretados os peches de dous clubes do concello. Non, non de clubes deportivos, senón dos chamados de alterne. Ata aquí, un acto administrativo máis. A cousa é…

  • Razoando sobre FEVE

    30 de maio. Falta 1 día para que expire o convenio Alcoa–Feve para transportar 5 días á semana unhas 80 000 toneladas de aluminio dende S. Cibrao a Amorebieta. O que ven representando uns 80 vagóns semanais, ou, alternativamente, podería supoñer uns 150 camións semanais. Certo, a estrada da Mariña xa está abondo conxestionada como…