Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • A humidade corroe

    Vivimos nunha zona húmida. Estamos afeitos á humidade, e a dispor de auga en abundancia. Sabemos que é un privilexio ter á nosa disposición na natureza unha cantidade de auga moi superior á que dispoñen noutros lugares. Pero tamén sabemos que a auga pode ser mala. Non só a maior humidade favorece reuma ou artrite,…

  • Comparación entre o galego e o vasco en relación a unha celebración.

    Ribadeo, 7 de maio. Preparando o día das letras galegas, atopamos a unha rapazada marchando pola lingua galega. É o Correlingua, que este ano, na zona de A Mariña, celébrase na vila de Ribadeo. O seu obxecto, a dignificación da cultura galega. A súa organización está baseada nunha distribución zonal, na que intervén a Mesa…

  • Semana Santa?

       A Semana Santa é un patrimonio relixioso. Si? Coido que era. O nome, o empaque de actuación, segue séndoo, pero hoxe por hoxe, quen se atreve a afirmar que a superficie -ou o fondo- das actuacións que teñen lugar por toda España esta semana son de tipo relixioso? Só as persoas que confundan (pódese…

  • As Catedrais, de xeito periódico: esquizofrenia catedralicia

       Co valor ambiental e económico, e o movemento ligado ó ciclo anual, xa temos de novo nos medios a ración asegurada de Catedrais. A máis, nesta primavera, hai novidades. Despois da morte dunha visitante por impacto ó desprenderse unha rocha do teito dunha cova, a prohibición de recorrer o alto do cantil, o alucinante…

  • 15 de abril

    Esperanza Pérez Camba, recitando unha poesía propia no acto da República en S. Cibrao. Onte foi a comida anual de Os Aventados. Como é tradicional, celebrouse unha entrega de premios, que logo referirei. Pero, antes, houbo unha homenaxe á xente que defendeu a República. Porque onte, 14 de abril, foi o aniversario da proclamación da…

  • Dos datos da enfermidade de Steve Jobs ás guías para difusión de incidentes da US Navy: Wikileaks

    Atribución-Compartir igual 3.0 Sen adaptar (CC BY-SA 3.0) collido de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Wikileaks_logo.svg A transparencia internacional sinteuse atacada unha vez máis ó permitir Ecuador que Assange fora capturado. A resposta de Wikileaks, a liberación dunha morea de documentos de moitos países e entidades privadas, un novo exercicio de transparencia nun mundo no que moitos somos cada vez…

  • Goberne quen goberne, as pensións deféndense. Tamén na campaña electoral

    Ribadeo, 13 de abril de 2019. Un ano de concentracións. E medrando. Pouco a pouco, pero medrando mesmo no comezo da campaña electoral: primeiro día da campaña das xerais. Se poedir o voto para ninguén, pero pedindo que non se vote a quen está a atacar o sistema de pensións para convertelo en privado a…

  • Grande América, pequena Terra

    Non, aínda non nos enteramos: o que fai alguén neste pequeno planeta, repercute no resto. Algo lóxico, pero que, por estar o efecto de cada acto difuminado entre todo o resto de actos e persoas, algo ó que non se lle presta moita atención. E algo que inclúe dende cousas moi pequenas, individuais, a outras…

  • Hoxe foi o acto de nomeamento de Suso Peña como fillo predilecto de Ribadeo. Vídeo

    Ás 12 da mañá, só anunciado de xeito público onte por Ribadeando e hoxe nunha nota curta por El Progreso, tivo lugar o pleno de nomeamento de Suso Peña como fillo predilecto de Ribadeo. O acordo tomouse no pleno do pasado día 13 de marzo, de xeito unánime, tal como aparece no vídeo. A cerimonia…

  • Mañá ás 12, Suso Peña fillo predilecto de Ribadeo

    Remato de enterarme de casualidade, pois aínda que supoño que estará anunciado, non vin os anuncios: mañá sábado 30 de marzo ás 12, nun acto no salón de plenos, Suso Peña será declarado fillo predilecto de Ribadeo como foi acordado no último pleno. É de supoñer que está invitada calquera persoa que queira honrar a…