-
As saídas que podes facer mañá, no BOE
-
Aplausos e primeiro de maio
Forza nun primeiro de maio pandémico Chegamos ó primeiro día de maio, e seguimos aplaudindo. Parece evidente que a situación dos aplausos cambiará xa a partir de mañá, pois ás oito da tarde poderase saír a pasear. Mañá, 2 de maio, día asociado na historiografía española a un levantamento popular. Mentres, hoxe, 1 de…
-
Do tempo en tempos do coronavirus
‘Nestes tempos’ que vivimos, a percepción do tempo varía moito dunha a outra persoa. Pero o tempo, ‘existe’. Lembrei e reatopei un artigo do 2008 (hai varias versións de traducións circulando pola rede) para revisitar e comentar unha idea relacionada. Basicamente, o fondo do artigo tenta visualizar que pasaría se aproveitamos o tempo…
-
Signos. Signos de querer o poder e non o traballo que leva consigo
Imaxe tratada dende ‘tres monos sabios’, en commons.wikimedia.org por Rachmat04 (CC BY 2.0) Signos. Signos de querer o poder e non o traballo que leva consigo Tentar informarse de xeito diversificado nestos tempos é unha carreira de fondo na que se remata extenuado. A procura de información -da que hai inflación- vese torpedeada…
-
15 000 L diarios de mexo
Botando contas sobre o que bebe unha persoa media, o depósito de mexo diario ven saíndo próximo a litro e medio diario. Non se tratra de ser exactos, senón dunha estimación para obter unha cifra, aínda que sexa con abondo erro. Así, multiplicando, chegamos a que os habitrantes no concello de Ribadeo produciríamos uns 15…
-
25 de abril nos EEUU
-
Ribadeo agroalimentario: unha lembranza
-
Carlos Álvarez Fernández-Cid, músico
Dunha publicación da Coral Polifónica Por fin cheguei no meu tempo a unha lectura ribadense que me estaba a esperar. Aproveitando uns poucos raios de Sol pola fiestra remato o libro e non podo menos que deixar constancia: “Carlos Álvarez Fernández-Cid, músico” é polifónico e temperado. Monotemático e variado: corenta colaboradores en harmonía dan…
-
Imbéciles
Dunha foto de Castelao. Foto no dominio público, collida da Galipedia. Desta, saímos máis imbéciles como sociedade. O que aglutina e vertebra a sociedade é a confianza. E está a distraerse de xeito intencionado. Cada vez, a maior velocidade. Polos bulos, fakes, falacias, mentiras misturadas con medias verdades, comentarios de citas parciais, descontextualización, e outras…
-
O mercado de Ribadeo
De cando o ‘contramercado’ de Castropol Leva moito tempo desenvolver a confianza, a máis de construír a estrutura que se monta (fixa ou periódica), afianzar a costume… dun mercado como o de Ribadeo. Sexa ‘a praza’, no seu edificio, de apertura diaria, etc, ou sexa o mercado dos mércores ou dos domingos. En moitos…
