Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.619 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • A nova do hoxe

    Que producen tres días seguidos festivos ou semi? que o xornal traia como máximo expoñente da actualidade hoxe en Ribadeo a procura do ganador do soldo de premio de ACISA. Coido que non é moito. Únome á tendencia traendo tres fotos que poden parecer insulsas, pero que coido que van direitas a retraer á memoria…

  • Os Reis Magos en Ribadeo

    Para un Ribadeo de fábula, podería poñer hoxe a imaxe do portal montado na casa do Concello, pero sería algo triste o poñelo sen a xente representando o misterio. Nembargantes, unha cegadora luz causal atravesando as vidrieiras da escalinata interior da casa do Concello, iluminando un escudo encadrado en filigranas, pode dar unha idea do…

  • Hoxe toca concerto en Ribadeo

    A banda actuará hoxe en Ribadeo, no concerto ‘aquí como en Viena’ do que puxen o cartel de Chenchu vai días (o cartel na rúa apareceu o día 2). Onde terei o do ano pasado para establecer unhha comparación co deste? Xa aparecerá…  Mentras aparece, unha felicitación que me fixo moita ilusión recibir, aínda que…

  • En apoio de Ribadeo

    Esperei varios días, pero parece que a nova vai lenta. Coido que a oposición parece que frontal do alcalde ó posto de control para a entrada de Mirasol está nun certo punto morto. Como quedou dito xa dende a nosa (miña e de moitamáis xente, a parte do Tesón e a Plataforma) oposición ó recheo…

  • Crónica para unha homenaxe

    Vai adiante a homenaxe a Suso Peña. Cabe unha reflexión, non de que o mereza senón sobre a diferenza entre homenaxeados e a impronta política e perfil dos mesmos. cabe unha comaración con Gregorio Sanz, Hernán Naval, … e corresponde facer unha valoración do trabalo realizado en conxunto, na faceta de ‘cosntrucción de Ribadeo’, etc,…

  • Homenaxe a Suso Peña

    Hoxe foi a primeria xuntanza en prol da homenaxe a Suso Peña. Non sei como foi, pero sabereino: teño intención de participar, incrementando tamén a entrada que xa está na Galipedia. Hoxe tamén foi a actuación do Nadal na igrexa. Non me saíron fotos decentes, a que poño pode que sexa a mellor… Só un…

  • Carámbano, caramba!

    Parece que o frío amaina un par de días. Pero outra testemuña de como foron as cousas por cerca de Ribadeo (neste caso, Vilalba), está na foto da beira: unha estalactita formada a partir dunha goteira nunha billa ó exterior. Polo demáis, por ribadeo, sen novas no Nadal, sempre aprece un tempo adicable á meditación,…

  • … e chegou o Papá Noël a Ribadeo

    Onte dicía que era Nadal, e desexaba un bó día. Bo, pois agora xa chegou o santa Claus. E se non, con botar unha ollada á prensa xa está solucionado o tema: Unha fonte diante do parador, 70 000€ (anunciada xa varias veces, con motivo da idea, de obter os cartos, do concurso, e agora…

  • É Nadal en Ribadeo

    Xa con anterioridade fixen unha entrada co artigo ‘Nadal en Ribadeo’, co que non debo voltar a titular de xeito exactamente igual, máis, é Nadal, tamén en Ribadeo (en realidade, agora mesmo, día de Noiteboa), e hoxe compre dicilo: Bó Nadal.

  • Pero, xa estamos no Nadal?

    Non e si. Sorprende que os xornais leven xa días comentando o prezo das viandas de Nadal como a grande nova, ou a inversión en lotería (hoxe xógase e a xente xa avanza que se toca, non traballa, coa mentalidade de que os cartos son vida e o traballo é a escravitude para vivir), e…