Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.619 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Pleno o pleno de Ribadeo

       Mágoa, alongouse de máis e tiven que marchar. Foi curioso ver a un público que non se achega por alí normalmente, de tódalas tendencias, pero de xeito preferente PP, achegarse a un pleno inusual. Nel faltaban candidatos ás eleccións xa nomeados.    Non foi curioso porque o goberno estivera en minoría (a orde do…

  • Expectación en Ribadeo (pero menos)

       Despois dun espectáculo, vacuo, ó que lle ven moi ben o nome en relación á actualidade ribadense, parece que hoxe o pleno presenta morbo pero non substancia: que fará Santiago? pouco importa se non hai contido. Pero eso non impide que a xente se pregunte que apsará, mentras outros miramos para outro lado:   …

  • Un artigo de Evaristo Lombardero na Comarca do Eo (2ª de hoxe)

    Publicado hoxe na Comarca, aínda non pedín autorización para a súa publicación. Supoño que a terei. Non é a Comarca un xornal que logo sexa accesible en internet. Lembro: facer clic sobre a imaxe para velo como é debido.

  • Pobreza en Ribadeo

    A coexistencia de novas de signo contrario non é unha excepción, senón que ocorre moitas veces. Ese ‘signo’ non indica que digan o contrario, senón que expresan facetas da realidade que chocan entre si. Así, a pobreza que hoxe sae na prensa non é contraditoria con que o CCA siga a promocionar o comercio cun…

  • Novas vellas no día da muller en Ribadeo

    Faltábame de poñer a nota de O Tesón votada na asamblea. Aí vai: “A Asociación de Veciños O Tesón de Ribadeo, reunida en Asamblea Xeral o 23 de febreiro de 2007, e en relación ó problema do ruído pola movida nouturna en Ribadeo, solicita a tódalas entidades con responsabilidades na materia a súa acción conxunta…

  • O vendaval, de novo en Ribadeo

    Pode apreciarse nas fotos unha das consecuencias do tempo ventoso en Ribadeo:a valla tirada na rúa peonil, pola desembocadura de Calvo Sotelo. Hoxe chove a mares e a valla, tirada na noite de luns a martes, segue o mércores sen amañar, dando un aspecto non moi edificante. De vendaval tameń poden calificarse outras cousas, estas…

  • As cousas pequenas fan a vida grande

    Había un refrán sobre as cousas pequenas, pero esquecime del. Coido que o título pode remedalo. E é que hoxe vai de cousas pequenas, despois do segundo post de onte sobre a ordenanza de ruídos en Vigo. A Casa da Xuventude xa abriu co tema de informática. Polo momento, a resposta é pequena, pero é…

  • O ruído: que pasará no futuro en Ribadeo? (2ª de hoxe)

    Xa tiña novas do tema, pero hoxe saiu adiante: nova ordenanza sobre ruídos en Vigo.

  • Educación non gratuíta. Pensamento local e actuación global en Ribadeo

    Despois dunha fin de semana, plantéxome se a educación non está minusvalorada por sere gratuíta. É dicir, por sere un servizo público. Coido que o debe ser, pero tamén que é necesario valorizar a importancia dos servizos públicos, que o son precisamente pola súa importancia xeral. E en troques, polo seu nulo ou baixo custe…

  • Ribadeo tóxico

    Hai que recoñecer que Ribadeo é pequeno. Que necesitamos mirar ás voltas para fóra para non caer na abulia desesperada polo sumidoiro de cousas que se fan mal. Tampouco hai que pensar que é o único sitio do mundo no que pasa: sería un ribadeocentrismo redutor. Pode que por eso o alcalde viaxe: non para…