-
Macedonia, país con wifi. Ribadeo, …?
Vin estes días un anuncio que me chamou a atención. Era de Macedonia, ese país que está tendo dificultades no recoñecemento internacional polo seu nome, por coincidir co dunha provincia grega. O anuncio era apra animar ós inversores a facer negocios alí. Entre as cousas que poñía (repito, era un anuncio e algunha delas tamén…
-
Ostedijk, imaxes e unha convocatoria en Ribadeo
Comecemos pola convocatoria, para mañá, da asamblea xeral de O Tesón: “Pola presente comunicación, convócaselle á asamblea xeral ordinaria da Asociación de Veciños ‘O Tesón’, que terá lugar no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo o día 23 de febreiro de 2007, venres, ás 20 horas na 1ª convocatoria ou ás 20:30…
-
O antroido en Ribadeo
Sen finalizar aínda, e a pesares do ruído, coido que o resume poden ser as dúas fotos: unha charanga entrando e saíndo, nunha rúa vacía. Por suposto que houbo máis, moito máis, e que non son dúas fotos exactaqmente representativas, pero parece que o declive está confirmado. Remítome ó pregon de antroido que fixen no…
-
E seguimos no antroido: Ribadeo é así
Onte, na presentación do antroido, xa saíu o tema dos enfrontamentos no concello (ver, por exemplo, aquí para máis información. Hoxe a prensa segue, e está previsto que siga (cousa á que non daba creto cando cezou todo) abondo tempo máis. Por eso, pódese considerar que o antroido este ano deu comezo vai boa, e…
-
Comeza o antroido
Pedro Moreda, acompañado por Suso López, tivo a actuación estelar no pregón do antroido, lembrando vellos tempos, e seguido dun grupo de salsa ribadense, HS. O que fallou, o público. Non o asistente, senón o que faltou para arroupar como se mereceron a quenes deron comezo ó antroido. Bo, polo menos estaban Balbino e Fernando.…
-
Pechando a Ribadeo: estamos no antroido!
Tempo atrás, estábase cerrando o porto,poñendo as separacións. Agora está listo o seguinte paso, pois as portas están listas e os cerres convertiranse en peches, con chave, xa pronto. Ademais, coas verxas, separábase, segregábase algo de Ribadeo. Co peche, quen poda estar no porto poderá entrar en Ribadeo, pero non ó revés, é dicir, non…
-
Culebrón
Coido que a algúns seriais da radio lles comezaron a chamar ‘culebrón’ porque unha volta comezados pola cabeza, seguía un corpo da historia que sempre era igual e alongábase, alongábase, alongábase…. como unha longa culebra. si, refírome á nova intervención de Reinante en Ribadeo contra os seus antigos compañeiros (ver a prensa de onte, de…
-
Que non pare!
Despois de falar onte da gordura municipal, non queda outro remedio que dicir hoxe que seguen as liortas en Ribadeo, agora a causa da desinformación do concello ós partidos opositores (da dos veciños xa falei moitas veces aquí). O de onte, sen novas semellantes, de seguro era porque antonte era domingo. Mentres, o carnaval de…
-
É gorda a sociedade ribadense?
Onte, nas cartas ó director de El País atopeime co conceto de sociedade gorda: o problema dos gordos non é recbir máis calorías dun tipo que de outro, senón que sexan máis das debidas. A nivel mundial pasa algo parello co consumo da enerxía: estase en procura de solucións para substitución de fontes, pero en…
-
Detalles sobre Ribadeo outorgados pola Xunta
o galimap.xunta.es/gis é un novo servizo de información da Xunta. entrei por curiosidade na información de Ribadeo. a parte da exptensión, poboación, pequena descrición, etc, aparece, respecto dos serviczos relacionados coa ‘sociedade da información’: Buzón ou mecanismo que recolle suxestións e queixas – falta (é dicir, o buzón de comunicación suplicante dos administrados destaca pola…
