Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.240 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Anuncios para estes días, de banda a festivalón, pasando pola historia

    Sábado 25, día da patria galega, día de Galicia, día que comezou cos fogos iluminando a catedral, día dos castelos na area (Arealonga, San Miguel de Reinante, Barreiros), día da percebada (Rinlo), día do festival de bandas (Ribadeo, bandas de Ribadeo e Ortigueira, ver cartel) un dos días que marcan o culmen das festas do…

  • Un tesón no ceo … e unha reconstrucción na terra

    Onte deixei colgado en Publicado en Ribadeo un estudo de I. Asensio sobre a formación dunha praia artificial, que logo cristalizaría no que hoxe é a praia dos bloques (coido que é ilustrativo comparar o que dicía Asensio coa actualidade). Segue a ser unha praia de fango pero usada pola xente de Ribadeo de onde…

  • Aceite de cociña reciclado. Refrito de novas.

    No verán non é raro obter un refrito de diversas cousas andando por Ribadeo, isto é, ribadeando. Podes escoitar o tema recurrente do tráfico, as obras (especialmente este ano), o tempo (non se voltou escoitar falar da predicción do tempo por parte dos comerciantes), etc. Fíxome sorrir onte o aceite de cociña reciclado. Vin por…

  • Unha enquisa para o galego

    Leva retraso a cómputo de datos da enquisa sobre o galego no ensino. Moito. Tanto, que xa leva máis retraso (sobre as propias previsións do executivo) que a súa posta en marcha. Tanto, que se a enquisa ó final resulta favorable á postura de Feijóo e compañía, non se lles vai crer… Neste caso parece…

  • Policías en xullo

    Verán. Afluencia de xente en Ribadeo. Necesidade de máis policía. Subvencións da Xunta para incrementar a plantilla. Algo máis de 7 000€ para o 75% do pago. O resto, do concello. Máis datos: convocatoria do concello para tres prazas. Exame o 20 de xullo. O 20 de xullo? Si. Para cando eran esas prazas de…

  • … e houbo asamblea

    O domingo foi a asamblea de O Tesón. Xa está no seu blog a acta (provisional polo momento, mentras non se aprobe) levantada no acto, Como a calquera acta, fáltalle algunha das cousas faladas de xeito máis rápido (xa me dixeron máis dunha). Pero queda clara a traxectoria da asociación ata o momento e no…

  • Albiscando Ribadeo …

    Como por un furado na parede, enfocando só unha cousa cada vez, inconexa coa outra que, non obstante, está xusto á beira. Ás veces, iso é o que parece o ler a prensa. Ou mesmo iste blog. Aínda que tente de presentar unha perspectiva global, ou mellor, de dispor as cousas para que cada quen…

  • Un tema de cartos

    Hai tempo O tesón preguntou primeiro en xeral sobre pago á SGAE e logo, sobre o pago este ano. As contestacións foron 30 000€ por un período abranguendo boa parte do que levamos do século, e nin idea. É dicir, non se sabe o que se vai pagar á SGAE este ano ó non querer…

  • Hoxe son nova os orzamentos

    … que se votarán esta tarde. Sábese o que poñen as noticias, que foi forzada unha reducción … e para de contar. Coñécense? non. Está asegurada a súa aprobación? Polo que pon a prensa, non? Tiveron participación os veciños? non. Poden ser bos? pode… como non se sabe… Coido que é interesante ver tanto as…

  • Festival

    Coido que o festival contra o cancro merece unha referencia, alomenos para lembrar ós colaboradores. Entradas, 2/3 do Hernán Naval, e risas e diversións para todos os asistentes.