Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.589 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Ímola vacunar. -De que? -Non o sabemos, aínda non nos chegaron as promocións.

    Choca o título? Pode que non choquen as verdades do último artigo de Im-pulso sobre o tema da manipulación da idea sanitaria.

  • Do concello de Ribadeo: axenda cultural, exposición, axudas

    Onte foron presentadas polo concello a axenda cultural de Ribadeo para o que queda de ano e as axudas para rehabilitación de vivendas en Rinlo e Ribadeo, ambas cousas interesantes que se poden atopar na web do concello. Mentres, dende hoxe, na OMIC (Of. de Turismo) e ata o 31 de outubro, de 10 a…

  • Sobre as mulleres e verbas de Pancho Campos

        Nestes días asistín a dúas tertulias con temas relacionados, sobre a segregación escolar (básicamente por sexo) nos centros educativos e as mulleres na historia de Ribadeo.     A segunda foi onte pola tarde, foi comezada por unha exposición de Pancho Campos e logo seguiu unha extendida charla (que non esperei a rematar), e que…

  • Ribadeo, aldea global?

    Hai xa máis de corenta anos que Marshall Mc Luhan cruñou o termo ‘aldea global‘ como idea da reducción do mundo ante o alcance das comunicacións, e polo tanto, do intercambio de relacións entre as persoas. Coido que o termo pode ser considerado apreciativo ou despreciativo, a pouco que non se tome dun xeito totalmente…

  • Noutro sitio

    Despois das festas patronais, en Ribadeo, houbo unha serie de comentarios e queixas (ou aquí). Parecería que ‘Ribadeo is different’, que só aquí se pode dar un conflito co tema das festas máis aló de se as orquestas foron boas ou malas. Agora podemos constatar que non, que debe de ocorrer así noutros sitios, como…

  • Novos contrastes en Ribadeo

    Foi un fin de semana tranquilo relativamente, para a cantidade de xente que houbo. Di a prensa que se marcaron plenos na hostalería, e é de crer, alomenos para a noite de sábado a domingo. Pola noite de domingo a luns, abondo menos. Así, foi a nova destes días, algo que máis ou menos en…

  • Unha contribución ó conflito sanitario?

    “Temos que incorporar ó proceso do cancro unha mentalidade de consumidor esixente“. O artigo de ‘Público‘ di algo que é normal: nun servizo debe esixirse. Parecería que na sanidade, no servizo sanitario, tería que ser a norma, pero na prática non o é. Por exemplo, porque a xente síntese sumisa ante o médico, unha persoa…

  • Un novo premio Nobel

    Ó longo da semana foron desgranándese diversos premios Nobel. Sempre sorprende, aínda que sexan máis ou menos esperados, como pasou co premio Nobel de Física. Pero a sorpresa diste ano, e a polémica, xa está servida co premio Nobel da Paz. Estiven repasando a lista e coido que nunca se deu a un presidente que…

  • Carta á Conselleira

    Corto e pego: ” A Plataforma cidadá en Defensa da Área Sanitaria Norte e da Sanidade Pública conformada por veciños e veciñas, organzacións de distinto tipo, alcaldes, partidos políticos e organizacións sindicais pertenecentes a comarca da Mariña manifesta como principios xerais da mesma: A necesidade de manter a Área de Saúde da Mariña para asegurar…

  • Incredulidade

    Xa non é a primeira volta que os olíticos en postos de mando engañan á xente que deberan gobernar. Nin a segunda. por iso é normal que tras asegurar que se vai a facer algo, e reaseguralo, cando se negue despois de presións populares, non se crea, porque as verbas lévaas o vento. Onte en…