Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.552 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Axenda de actividades culturais do trimestre

    Remátame de chegar…

  • Diferencias

    As diferentes administracións crean normas diferentes, que polo tanto contrapóñense. É clara a contraposición en moitos temas humanos, onde o carácter das persoas pode variar dun lugar a outro, e aínda que as diferencias legais non son doadas de explicar, poden concebirse explicacións debido a esas variacións. A postura legal en canto a outras cousas…

  • Avisos diversos recibidos e recollidos

    Cortes na rúa Deputación por obras. * Á beira, a invitación ó comezo do ciclo ‘facendo viva a voz das mulleres‘ * O SÁBADO COMEZAN AS COUSAS, SABOROSAS, DO ENTROIDO 2010. A partir das catro da tarde podedes dar unha voltiña polo parque San Francisco e probar os freixóns na antiga sala de turismo.O DOMINGO…

  • A loita contra a corrupción

    Copio sobre a corrupción: “Non só afecta á clase política, tamén ós funcionarios e ós grupos de presión. En España temos moitos exemplos. Hai presión por parte do sistema económico que procura obter beneficios, e eso pon en perigo o sistema democrático. Ó final non goberna o pobo, senon que quen está a liderar o…

  • Vicente Ferrer e o Nobel

    Vicente Ferrer foi (pois xa morreu) un home de ben que comezou a súa vida na India como misioneiro, e rematouna alí deixando a outros a misión. A súa vida sufriu diversos cambios, dende o anarquismo á relixión e logo á doazón de si mesmo, ata desenvoltar unha rede de axuda e desenvolvemento nunha das…

  • Dous meses

    É o que lle queda ó alcalde para resolver o tirado das cumbreiras que lle impuxo a xustiza. Dous meses que, en caso de non facelo, suporán o comezo dunha multa mensual de 1 200€ ata que por fin o faga. é dicir, a situación precipítase, arrastrada dende varias corporacións anteriores, pero tocoulle cumprir a…

  • De novo, o ISM

    Cando comeza unha polémica, o normal é que non pare de xeito inmediato, senón que coletee, e que saia á luz novos datos. Así parece estar a pasar co ISM, que saiu no blog hai un par de días e suscitou aclaracións en forma de comentarios sobre a súa situación. Agora volta a saír na…

  • Do tempo

    De novo, críticas ós meteorólogos sobre a previsión do tempo. Aparecen polas últimas choivas a fin de semana. Pero xa van sendo unha crítica periódica, ben polos hostaleiros, polos políticos ou por quen toque no momento. Aquí xa teño deixado algunha vez a comparación entre as previsións de meteogalicia e o instituto meteorolóxico nacional, e…

  • Sen Nenó

    Únome ó sentir de moitos dando a despedida a Nenó, José Duarte Díaz, concellal en Ribadeo dende os oitenta, o máis antigo da actual corporación. Pero non por eso, senon porque coido que era unha boa persoa. A nota do concello. A nota da COPE. Entrada na Galipedia.

  • Haití, de novo

    Unha iniciativa do alcalde pretende acoller nenos haitianos en Ribadeo de xeito transitorio. Os poucos detalles que da a nova de prensa do concello sitúan a iniciativa en algo factible, se ben non de xeito inmediato. Un grao de area máis no tema da catástrofe haitiana, que non pode facer esquecer a cuestión de fondo:…