Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.535 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Segue o entroido


Si, en contra do que dicía o titular dunha entrada antonte, “Rematou o entroido“, e como apostillaba por contra un comentario, parece que na realidade aínda non rematou o entroido. E non o digo polo enterro da sardiña, senón polo que está a suceder en Ribadeo. Pode que unha boa introducción ó “entroido non interruptus” (perdón pola adaptación ós que sabedes latín) sexa o último artigo de José María no seu blog, que se ve refrendado hoxe na prensa coas novas, nas que, por exemplo, se cuestiona por un edil exalcalde a subvención do entroido, mentras que os ataques do mesmo onte sobre o secado de árbores son contestados hoxe en base ó vandalismo, de xeito semellante ó que xa sucedera cando era alcalde.
Por certo que tiven que corrixir a miña idea de canto tempo estiveran sen cobrar alcalde e tenente de alcalde no 2007. Buceando no blog atopei que a retirada de soldo fíxose o 20070423, mentras que a nova corporación creouse no 20070627, é dicir, pasaron 65 días co soldo retirado, algo máis de dous meses e non dun, como deixei dito nalgún comentario que pasarei a corrixir. A cousa non varía moito, segue a ser un soldo mensual de 1 000 000 das antigas pesetas en números redondos. Pero iso xa se esqueceu, excepto na Comarca, na que polo seu carácter semanal chegan as novas con desfase.

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *