-
Notas de prensa
Un novo incendio, xusto dúas semanas despois do que deixou para o arrastre un piso no xardín, esta vez nun baixo desocupado en Calvo Sotelo, no edificio de cabeceira da rúa. O novo ano non traixo paz ó clube náutico: se o día 28/12 dicía que a ver se a asamblea do 29 traía a…
-
Lido hoxe na prensa. Frase curiosa.
“(…) pero non se enfade vostede, imos, confíe en nós. A liberdade está ganando a guerra contra o terror. Bonitas tetas, por certo.” En Público, escrito en ‘Escáneres corporais’, de José A. Pérez, columna que hoxe versaba sobre os escáneres a instalar nos aeroportos.
-
Pepe Matamouros, patrón dos enfrontamentos
En tempos, xa lonxanos, xurdiu no que se ía configurar como España o mito de ‘Santiago Matamouros’. Dende aquela, as cousas cambiaron. Tal parece mesmo que da reconquista pasaramos a unha especie de re-reconquista, na que serían os mouros os que quererían ocupar de novo Al-Andalus, a parte doutros moitos territorios. Normalmente recibo por correo…
-
De bicis
Mentres que as bicicletas de Ribadeo están infrautilizadas e non promocionadas, 15 concellos galegos dispoñen xa dun sistema de arrendamento de bicis para os veciños. Mentras que en diversos lugares particulares e asociacións pedimos que se vaia instaurando o carril bici, as novas rúas humanizadas non son bicicleadas. Un apunte positivo neste panorama: un lugar…
-
A conta do bookcrossing, pero non só
O vídeo a continuación é unha parodia que se ve alimentada pola filosofía do cruce de libros, e fronte a ela, do cruce de neuronas á noite. Sínteste recoñecido/a? Por certo, que falaremos da zona bookcrossing da oficina de turismo, que xa sobrepasou de longo e hai tempo os 100 libros a disposición.
-
2010 aínda é o futuro
Un folio na porta dunha igrexa, un avance social? Porque iso foi o que vin esta semana na igrexa de Piñeira. ¿? Se o folio se refire á dación de contas da última festa da parroquia, significa que o domingo será de dominio público a información publicitada, e que quenes se encargaron da realización da…
-
Aprendendo de Piñeira
Un folio na porta dunha igrexa, un avance social? Porque iso foi o que vin esta mañá na igrexa de Piñeira. ¿? Se o folio se refire á dación de contas da última festa da parroquia, significa que o domingo será de dominio público a información publicitada, información da que disporán tódolos veciños. É ou…
-
Internet e Ribadeo
Dende hai tempo, a relación internet e Ribadeo é mellorable, o que xa ten dado orixe a varias entradas no blog. Como pode comprobar calquera, internet non é aínda para todos os ribadenses. Agora remata de saír un grupo en Facebook que o pon máis de manifesto e chama a acción. Seguramente sairá unha nota…
-
Para comezar o ano, un cálculo…
O que se pode seguir aquí. As preguntas? Pois por exemplo, cantos cartos se tiraron ó lixo ou ó peto dalgúns? Quen os tirou?
-
Un novo ano, 2010
… Cheo de desexos e vontade para cumprilos. Pode que cun chegue. Collo, de xeito case aleatorio, unha entrada de Kriptópolis e quédome cunhas das frases finais (aconsello ler toda a entrada, coido que paga a pena aínda que se refira a un tema concreto). Para metelas no blog, descontextualízoas de xeito coidadoso para xeralizalas…
