-
Anuncio de dous cursos
Recibín información sobre dous cursos que se farán próximamente. Deixo os datos nesta entrada, remembrando que as imaxes pódense ampliar (e gustan) … Curso de aproximación ao mundo do viño PROGRAMA Lunes 16 de novembro de 2009 16:30 h Acto Inaugural 17:00 h Ponencia: “ Pasado, presente e futuro do mundo do viño. D.O. en…
-
e-Wise en Ribadeo
Despois de ver a nova do xurdimento da plataforma e-Wise en Lugo (estou a falar dunha nova que apareceu o 4 de setembro), viñéronme á cabeza dúas cousas ben diferentes. 1. Por que non en Ribadeo? 2. Ó comezo terá moitos erros debido á inexistencia de información sobre servizos existentes que non están cargados na…
-
Sobor dunha discusión. A situación do futuro asilo
Esta tempada anda nos medios a discusión da situación do futuro hospital. Recapitulando, ocorre que o goberno municipal ten apalabrado a casona rectoral de Ove para asilo/centro de Alzheimer e o antigo colexio da r/Trinidade para albergue de peregrinos, a traverso de convenios coa igrexa e a Xunta. Nisto, hai pouco, UPRi propón unha variación,…
-
A voltas co mercado
Hoxe non dou entrado na web do concello, que parece ‘caída’, polo que non podo ver as declaracións ‘fetén’ do alcalde respecto do mercado semanal. O caso é que Castropol está impulsando un mercado semanal, tamén os mércores, e polo momento, gratuíto para os feirantes, o que xerou a volta do tema do mantemento do…
-
Táctica política no PP de Ribadeo
É instrutivo ver o devir político cunha pouca de análise. Non tanto os casos de corrupción como a propia vida normal dos partidos, que é a que manifesta mellor o ser social que son (a corrupción é máis unha enfirmidade das persoas, aínda que se poda rematar transmitindo ó corpo social, á estrutura na que…
-
Sobre sancións en Ribadeo a establecementos de hostalería
Entereime pola Voz de que onte martes o DOG publicou unha lista de establecementos hostaleiros na provincia con expedientes abertos na actualidade por incumprimento horario. Despois de ver un pouco as ligazóns que poño, chamáronme a atención varias cousas, entre elas: – As multas propostas, salvo casos particulares, son ridículas en relación coa recadación que…
-
Algo debe estar cambiando
Vaia por diante que non é cousa de Ribadeo. O noso pobo é sinxselamente unha mostra máis. Trátase da consideración das persoas. En concreto, das persoas públicas. Onte coñeceuse a nova da morte de José Luis López Vázquez e Francisco Ayala. Actor o primeiro, escritor o segundo, marcaron nos seus campos boa parte do último…
-
De novo co bookcrossing
Dúas referencias para quenes queran coller/deixar libros en Ribadeo ou zonas próximas: 1. últimos libros censados en Ribadeo: Investigación y ciencia – 1994 (II) Néveda O castelo de Pambre Memorias dunha terra (II) Proel Despertar Pórtico das letras Ribadeo no Tempo, a través das imaxes (Outro Ribadeo foi posible) Sobre os castros de Ribadeo Lorenzo…
-
Reclamacións na zona de Ribadeo
Mentras a plataforma de defensa da zona sanitaria vai pouco a pouco poñéndose en marcha (última xuntanza, onte, en Burela, quedando constituída unha pequena comisión que se moverá ata o día 11, data da próxima xuntanza) case se pode dicir na semiclandestinidade, un sindicato (UGT) pide o que hai un ano pediron diversas asociacións de…
-
Miradas dende (e para) a Atalaia
Parafraseo o título do boletín da Atalaia para agrupar nun só título doce fotografías tomadas hai unha semana. Pode que fora mellor ilas desgranando pouco a pouco, explicándoas, comentándoas, facendo ver a interrupción visual en algo que noutro momento foi mirador e agora queda como balcón sobre Porcillán. Decidín non facelo así agora (quizáis máis…