-
Non poño foto: sería propaganda
Hai poucas datas, comentei que apareceran uns escritos alusivos e ameazantes ó PP (cun tiro na nuca) e á igrexa (a igrexa que mellor aluma é a que arde) en muros de Ribadeo (unha valla e a parede dunha igrexa, ambas céntricas) A raíz diso, estableceuse unha polémica porque o concello non as retiraba (as…
-
Algo que avisara sobre a residencia
Venres adiantei con fotos que o terreo no que se asentará a residencia estaba a cambiar. Hoxe xa está en tódolos xornais que hai día para unha cerimonia de comezo de obra: martes 24 de xuño ás oito da tarde. Corto e pego o aviso do concello no seu blog: O vindeiro martes, 24 de…
-
Ven en tren ás catedrais!
O alcalde de Ribadeo desempolvou unha cuestión que leva tempo, moito tempo, con teas de araña: a variación lixeira da liña de FeVe para viaxeiros. Que eu saiba, a última variación rematada na liña Ferrol-Xixón foi de abondo máis calado, a que se fixo para a planta de Alúmina-Aluminio. É dicir, aproveitamento industrial. E diso…
-
Cambiar de lectura
Luns. A ver que dirección colle a nova semana. De pronto, a finais da anterior, o que da ganas é de cambiar a dirección ou o enderezo. Cambiar a dirección de España ou cambiar o enderezo a fóra de España. A última? Coido que xa non se pode dicir en singular ningún ou cáseque ningún…
-
De pasada: Ribadeo/Galicia e China
Hoxe, con pouco tempo, vin no xornal algún dato con relación ás PAAU en Galicia, e lembrei algo lido hai tamén poucas horas en relación á selectividade na China. Así, que, comparando… Galicia: 10 000 estudantes fan as probas. China: 9 000 000 (=900xGalicia) Poboación: Galicia: 2 865 000 habitantes China: 1 340 000 000…
-
Vai de diversión. Algo diferente.
A xente necesita divertirse. O dos xeitos de diversión xa non está tan claro, porque hai un amplo abano, e non a todos nos gusta o mesmo. Ven a cousa a conto do ‘legado do Tibu‘ que se ten expandido estes días pola zona a traverso do mundo dixital. Non é raro, se cada un…
-
Ribadeo, ano 0
Onte abdicou o Rei. Sobre as consecuencias, polo momento en canto a análises preventivos, o mellor que vin foi o que en facebook desgranou Ángel Alda nunha serie de puntos. Análises xerais comezarán a saír hoxe, os que vin non chegaban a tal nome. O que si vin, igual que todos, foi alegría -á que…
-
Propostas antes das eleccións
Hoxe é o último día de campaña antes das europeas, Para min é algo parecido a unha tontería o do día de reflexión: se non se reflectiu antes, nos anos anteriores, un día pode armar máis xaleo na cabeza. Pero enténdoo como algo de separación entre o que se di na campaña e a realidade.…
-
16 M, entre o 15 M e o 17 M
Hoxe é 16 de maio. Polo tanto, onte foi 15 e mañá 17 de maio. Dúas datas emblemáticas. A primeira, hai tres anos, deu nome a un movemento que mutou, pero nin moito menos parou ata o momento, e, sobre todo, devolveu á xente a ilusión da posibilidade dun cambio social, político, ambiental e económico…
-
Hoxe, segunda charla de Ribadeo a Debate
