Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.589 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Intereses reais

    É sabido que onte unha persoa moi importante chamada Felipe inaugurou o curso nun Colexio Público de Pereiro de Aguiar. Escoite polas radios varias veces unha parte do seu discurso, en castelán, dicindo algo así como que o sistema educativo tiña que centrarse en responder ás peticións da economía e da sociedade. Por esa orde.…

  • Despois da tempestade, a calma

    Si, onte, despois da tormenta, voltou a calma para ofrecer unha paisaxe limpa e poder desfrutar unha da ría como un espello da paisaxe e do ceo que quixo acompañalos. Dende as Aceas, a costa ó sur da vila de Castropol enmarcaba unhas cantas embarcacións fondeadas. Mirando cara á Veiga, a luz deparaba paisaxes tamén…

  • Gamallo, Clarín e a Coral Polifónica de Ribadeo

    Onte tivo lugar unha nova entrega dos actos sobre Dionisio Gamallo co gallo do centenario do seu nacemento. No cine teatro J. Rubio Jiménez falou sobre Clarín nos papeis de Gamallo, precedido dunha curta posta en escea de M. Valín, os agradecementos de Toni Deaño e unha longa presentación de Roberto Rodríguez. Despois, a Coral…

  • 11 de setembro

    Ribadeo quedou sumido nunha especie de descompresión da que a bon seguro sairá ó achegarse a fin de semana, comezando polos actos de hoxe (cine teatro) e mañá (librería Vivín) continuarán coa celebración dos cen anos de Dionisio Gamallo. Queda mentres tempo para lembrar das festas, si, pero tamén doutros tempos e lugares. O 11…

  • Bellas e inolvidables estampas de los años cuarenta: EVOCACIÓN DE TIEMPOS PASADOS EN RIBADEO

       Corto e pego unha entrada de J.Mª Rdguez: No han sido pocos los esfuerzos hechos por los diferentes gobiernos de nuestra mal llamada democracia para tratar de desmantelar de la vida pública española todo lo que tuviera alguna relación política, artística, cultural o, incluso, religiosa con las manifestaciones de la pasada dictadura franquista. Un…

  • O alcalde procesionario

    O título é para chamar a atención. Non sei se o alcalde irá/esta na/foi á procesión capitaneando ós fieis detrás del. Coido que se non tivera cargo algún, non iría de procesión. E aínda que así non fora, unha cousa é ir ou non a unha actividade segundo as crenzas particulares e outra, ir en…

  • Máis aló da festa, varia

    Estamos en festas! Así o vimos estando dende hai xa case unha semana, segundo o cartel. Digo segundo o cartel non porque non sexa certo que hai actividades festeiras, chiringuitos de festas, etc, senón porque no verán pouco se distingue entre festa/non festa, e menos aínda se consideramos que en Ribadeo, como en ‘todo o…

  • Xeometría humana

    26 unidades poden agruparse de diversos xeitos, construíndo ligazóns nunha superficie ou noutro espazo calquera: poden constituír unha xeometría. 26 persoas se xuntaron onte. 24 de Ribadeo, dous non empadroados. 9 mulleres, 17 homes. Diversidade de opinións dentro dun carácter aberto, participativo, transparente nunha xuntanza por autoconvocatoria, onde as posibles siglas que poideran sinalarse acordaron…

  • Retorno ó pasado

    Dende que se inaugurou o tramo da A8 evitando Mondoñedo, teño pasado varias veces de novo pola estrada ‘vella’ por estar cerrada a autovía. Como é sabido, non houbo cerre ata que morreu unha persoa e se accidentaron unha morea de vehículos, cun vídeo espectacular tomado con móbil. Dende aquel día teñen sido moitos os…

  • Os caramelos da Xunta ao ‘neno Ribadeo’ pedindo residencia

    Corto e pego, cun pequeno comentario posterior, un artigo de J.Mª Rodríguez publicado hoxe no seu blog: — LOS CARAMELOS DE LA XUNTA DE GALICIA Enseñarle un caramelo a un niño para ensañarse con él después demorándole la entrega mediante estrategias de entretenimiento me parece un acto de sadismo y de crueldad. Pues eso y…