Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • O paso dun santo por Mondoñedo, por José Mª Rodríguez Díaz

    Dez menos cuarto da mañá. Na catedral empeza a soar con monótona cadencia o esquilón chamando ós coengos a coro. As súas negras siluetas xorden unha tras outra polas estreitas rúas da vella Cidade atravesando logo a praza cara á entrada da catedral. Nos soportais do Cantón Grande aparece camiñando a figura fráxil de don…

  • Revoltillo en España. A craridade grega.

    Xa viu o partido e o ben común xa quedou esquecido. O xogo, o resultado e demais eclipsaron a fin de semana anterior e aló vai boa parte do tratado sobre a renovación democrática ou sobre a corrupción, a destitución do delegado gubernativo en Valencia por idem, a destrucción de documentos en concellos… Mesmo a…

  • ‘Un faro de todos y para todos’

        Recollo hoxe de La Comarca, por unha petición xeral que se fixo ó grupo ‘Por nuestro faro’, un artigo que sae hoxe mesmo. A próxima fin de semana haberá unha xuntanza… e a ver que sae.     Só lembrar que premendo sobre a imaxe, pode ampliarse…  e que o texto tamén está despois no…

  • Pasou unha semana

    Pasou unha semana (días laborables) dende as eleccións. Coido lembrar que todos os grupos políticos de Ribadeo levaban dun ou outro xeito unha mellora na limpeza. Pero tardan en poñerse mans á obra…  En toda a semana levo visto os mesmos carteis, cada vez máis roídos e algúns medio arrincados. Só o que agora se…

  • Faro, números, posibilidades… hotel?

    Por partes. Hai canto tempo que non ves ‘en vivo e en directo’ a illa Pancha? É importante para ter conciencia que está aí, que é real, algo máis ca unha abstracción que manexar nas redes sociais como un xogo de rol. Punto seguinte: Embaixo, unha toma do SIGPAC, un servizo oficial de cartografía española…

  • Xa votaches. Agora témoste vixiado

    É curioso. A información asimétrica. Tenta procurar algo de información das administracións en España e verás os muros cos que te atopas. Dende cousas tan nimias en aparencia como o coñecer que vai haber pleno e que se vai tratar ata a información sobre o hotel da illa Pancha ata outras de abondo máis peso…

  • Post resaca electoral. Voltando á normalidade

    O luns, despois dunha resaca, é un día diferente. Neses casos, a semana comeza a normalizarse o martes. Algo así pasa coas eleccións. Despois dunha fartura, luns pasa rápido e aínda sobrevoando os resultados. É máis tarde, a partir do martes, cando se baixa á terra e se vai un pouco máis pausado. No caso…

  • Se queren algo, que se presenten ás eleccións, por José Mª Rodríguez Díaz

    Algo semellante, a conto doutro tema, escoitei eu hai poucos días, por parte de alguén do outro extremo do espectro político… “SI QUIEREN ALGO, QUE SE PRESENTEN A LAS ELECCIONES” Memorable e de triste recordo o desta frase, dirixida por un sobresaínte membro da nosa clase política, neste caso do PP, a un numeroso colectivo…

  • Na procura doutros datos… Como te chamas se es de Ribadeo?

    Na procura doutros datos, ás veces atópanse cousas laterais que son curiosas. Un exemplo que atopei hoxe no IGE, na procura de datos sobre Cedofeita para outro artigo: a frecuencia de nomes en Ribadeo, ou a frecuencia de nomeados segundo a década de nacemento da comarca. A lembrar que as figuras poden verse por separado…

  • A convivencia como asunto de parroquia

    A maioría da poboación de Ribadeo está no pobo. Era algo certo a comezos de século e dende aquela non fixo máis que aumentar a diferenza. A concentración segue aumentando, e as parroquias son descoñecidas. Coido que as frases anteriores non necesitan moita aclaración. Á maioría do Ribadeo-vila, se se lle pregunta como ir a…