Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.315 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • O poder da palabra e da imaxe

    Un vídeo. 6 minutos. Non un programa. Xogando á contra, pero tamén afirmándose. É a novidade introducida pola UPRi. Suso López fai un estudo dende o punto de vista da comunicación. Pero o mesmo blog, en comentario anterior, (ou hai un pa de días neste blog) xa deixaba caer que non é cousa duns poucos…

  • Desmelenándose ou recolléndose a melena?

    Aínda que a mona se vista de seda, mona se queda: hai tempo que se coñece (ou se debera coñecer á mona polo seu aspecto e os seus actos; non convence un poñerse guapa de última hora. Pero intentar, inténtase. O Ribadeo en Rexional Preferente? Foto de conxunto. A ver quen falta! Incumprimentos do equipo…

  • Candido Pazó

    Actuou anoite no cine teatro e convenceu ante unha entrada da metade de público. Tratábase do colofón das xornadas de tapeo desta tempada. Pola mañá houbo marcha a favor da Asociación Española contra o Cancro, e tamén a segunda sesión de iniciación ó atletismo. Por agora non se move moito, despois do mítin do venres,…

  • Ah, pero, comezaron as eleccións?

    Non é que comezaran as eleccións pero estamos xa en campaña electoral. É posible que moita xente non se decate, porque hoxe o período electoral exténdese máis aló, moito más, do que a campaña permite. Nese sentido, as eleccións comezaron hai tempo, abondo, e o que se está a vivir agora é un período no…

  • Programas electorais

    Xa comezan a saír os programas electorais. En Publicado en Ribadeo está colgado dende hai días o programa do PP (en formato liso; pronto estará como folleto de propaganda), e onde colguei o programa do BNG (xa en folleto de propaganda, pero enteiro). Os programas dos catro partidos nas eleccións pasadas están en Ribadeo historia.…

  • Sobre as pasadas eleccións

    A conta dun pequeno escrito que rematei días atrás, dous conxuntos de números sobre as pasadas eleccións. O primeiro, os votos que costou cada concelleiro a cada partido: redondeando, BNG, 4 concelleiros a 482 votos cada un PP 4 concelleiros a 454 votos cada un PSOE 3 concelleiros a 510 votos UPRi 2 concelleiros a…

  • Bo, xa se queixaron e manifestaron os de sempre, voltemos á normalidade

    … agora o resto a traballar mentres haxa algo de traballo. Casualmente, en España o 2 de maio ten o significado dunha revolta popular. É unha sinal de que houbo xente capaz de revolverse e reconquistar unha independencia. Mentres, na actualidade, segue o paro, e os sociólogos pregúntanse que fai que un país co paro…

  • Un artigo de Pablo Mosquera: A democracia comeza nos concellos

    (publicado en castelán na Voz de Galicia) A democracia comeza nos concellos En 1911, na súa cidade natal de Alcalá de Henares, don Manuel Azaña estréase como orador cunha conferencia titulada ‘O problema español’. Este home, cuxa vida transcorre entre a influencia da contorna para un intelectual metido na política e a achega da súa…

  • Municipais ribadenses 2011: un blog especializado

    Suso López é coñecido de todos. Músico da banda, presentador en múltiples ocasións, televisivo, decidíu especializarse en comunicación política, e agora anda polas cámaras madrileñas practicando. E tamén, dende onte, adicado ás eleccións ribadenses a traverso dun blog especializado nas municipais 2011. Eleccións municipais Ribadeo 2011 é o título do blog ad hoc, que neste…

  • A auga pasada

       Rematou a Semana Santa. Case ó remate atópome cun díptico en papel duro de alta calidade, o que deixo escaneado á beira, da semana para Ove, Piñeira e Vilaselán. Non é que as tres parroquias se xuntaran para facer un consorcio de celebración da semana santa, senón que son administradas polo mesmo sacerdote.  …