Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Golpe na mesa

    O alcalde remata de emitir hoxe unha nota de prensa na que literalmente dá un golpe na mesa. A cousa trata sobre o cumprimento dos traballadores municipais, e era, dun xeito ou outro, esperada dende hai tempo, a partir dos resultados electoriais últimos. Por dicilo dalgún xeito, o que se intuía como unha guerra larvada,…

  • Destino

    Hai xa máis dunha semana que saltou a nova: Francisco Rivas resigna o seu posto no concello porque se vai de Director xeral a Asturias, á administración comandada por Cascos. Foi comentado con moita anterioridade no blog, pero non deixa de ser nova despois do intento fallido dun posto na Xunta que, ó meu ver,…

  • De novo, tormenta

    Este verán está habendo un tempo raro por Ribadeo. Tormenta, o que se di tormenta, non hai. Sol, a ratos, e, a maioría, nubes. Pero a outros niveis, hai tormentas, mesmo contínuas. Por exemplo, a nivel político, unha tormenta lonxana, pero na que está metido Ribadeo a traverso do seu alcalde: cunha maioría nos plenos,…

  • Candidato a ser declarado demasiado galego

    Tal como están as cousas, vexo a posibilidade de que calquera (maiormente, político, pero non necesariamente) faiga unha declaración de que este blog é (ou eu son) ‘demasiado galego’. Pode soar a choteo mesmo polo que podería ter de chotis, e teño claro que a pouca relevancia concedida ó blog non o fai acredor dunha…

  • Carteis electorais entre eleccións

    Agora que se achegan as novas eleccións polo adianto decretado, é cousa de comezar a mirar atrás, de darlle unha ollada á historia para procurar que non se repita o que foi mal feito. E os carteis electorais das pasadas eleccións (os máis próximos no tempo, que os hai de máis lonxe), tomados a 4…

  • Unha ollada ó pasado

    Para procurar un dato sobre Hernán (co que rematei poñendo algo máis na rede sobre el), andiven mirando vellas Comarcas e Mariñas. Atopei cousas moi curiosas vistas da perspectiva de hoxe. Un par de exemplos: “El Ayuntamiento de Ribadeo comprará la vieja aduana”, nova na Mariña de La Voz o 19940316, axustando como subtítulo unha…

  • Culpables, os servizos xurídicos municipais?

    Iso se desprende das verbas que días pasados recolleu a prensa a conta dos rochos a rebaixar da r/Irmáns Moreno Ulloa. Se collemos ditas verbas, e as misturamos coas recollidas nun post anterior, resulta que se se fixo ‘todo o que lle indicaron os servizos xurídicos municipais que era necesario facer’, e hai unha condena…

  • Un novo paso

    Está a darse un novo paso na privatización de servizos médicos. Coido que non foi doado chegar a ter unha sanidade pública, e agora, cando se teñen os mellores medios, pouco a pouco, pero cada vez de xeito máis visible e rápido, estase a abandoar pasando a facer unha contratación da privada que logo será…

  • 18 de xullo?

    Imos ver … porque, para comezar, a min ensinárome que o alzamento faccioso (ó final alzáronse co estado enteiro, que non a nación) foi o 17 ás 17 …

  • Primeiro pleno ordinario do novo mandato

    Distribución no salón de plenos no mandato 2011/2015 (a falta de intervención) Onte, luns 2º de mes ás oito, como habitualmente está establecido, celebrouse o primeiro pleno do novo mandato da corporación ribadense. Significou unha variación sobre os plenos anteriores, ó poñer a análise dos decretos da alcaldía (pagos varios) ó final, xunto con Rogos…