-
Non entendo, pero hai diferenzas.
Deixo tres apontamentos diferentes para xulgar, sen máis comentarios: 1.Días antes das pasadas eleccións, en pleno de maio pasado, aprobouse o que se deu despois en nota de prensa como: ‘Na última sesión plenaria deste mandato a Corporación de Ribadeo aprobou unha normativa de rexistro de intereses “para que os concelleiros da nova Corporación e…
-
Pasándose
Unha máis de políticos. O de onte e antonte no consello da tve é unha pasada. Agora resulta que os políticos queren intervir ‘direitamente’ (indireitamente, levan tempo facéndoo) nos telediarios. E non só iso, senón que, ó seren descobertos, aparece un mar de contradiccións. A pesar diso, a volta atrás aínda non se ve. Tampouco…
-
20110919 pleno (II)
Ben, atrancos impídenme a primeira hora de hoxe seguir comentando o pleno. Deixo entón como substituto provisional e contrapunto do resto do meu comentario a ligazón ó comentario do equipo de goberno na web do concello.
-
1M€ ou a desaparición da clase media
Remato, por casualidade, de ver un telediario da 1 case enteiro (refírome á parte que corresponde a España), a verdade é que non sei moi ben que coller, porque que comentar, hai. Collo o imposto do patrimonio. Resulta que se quitou hai un par de anos e agora pónse (provisional!) de novo, máis debilitado do…
-
Seguridade
Os fogos do sete seguirán facéndose na ría. O motivo, a seguridade. A comisión, lamentándoo, despois de recurrir á Subdelegación do Goberno en Lugo. Coido que os veciños da ría agradeceráno, e aquí non se notará diferenza por ser o que se fixo dende hai anos. Sería mellor preto do recinto da festa? Particularmente, dubídoo…
-
Xeitos, métodos e cuestión de fondo
Onte recibín una moción sobre a reserva da biosfera e a zona de As Catedrais (aquí, en pdf) que deixo para consulta de quenqueira en publicado en Ribadeo. Presentouse onte pola mañá para ser tratado nun próximo pleno (non ten por que ser necesariamente no seguinte). Presentouse polo PP. Quere o anterior dicir que temos…
-
É máis doado legalizar certas cousas que lexitimalas
Atópome cunha cita de Chamfort nun diario de hai xa máis de dous meses. Cita que atopo é aplicable totalmente a día de hoxe, séculos despois de que fora creada. Aí están os derradeiros balbuceos lexislativos do mandato, legalizando (tentando de facelo) cousas en troques de lexitimalas (o que non é posible ó non selo…
-
Derivacións
O tema, os funcionarios? Ou o tema, o xeito de facer as cousas? Hoxe sábado, unha nova intervención na prensa, esta volta, da oposición, coido que se podería titular algo así como o ‘PP denuncia o populismo de Suárez’. Quizáis resulta que M. Valín viu o post de Fernando Suárez en Facebook relacionado co tema…
-
Cambios ‘de última hora’
Hai xa varias semanas que se puxo data, 20N, para o próximo cambio político. Os comentarios indicaban que a lexislatura estaba rematada. Pois non. O primeiro, manifestouse branco sobre negro algo que se colara sen detección nin comentario subseguinte por parte de ninguén coñecido (alomenos, por min), unha variación na lei que indica que os…
