-
Pedindo o voto: último día
É curioso. As manobras electorais están desenvolvendo novos xeitos continuamente. E as meteduras de pata, en consecuencia, tamén se fan máis frecuentes: Ten sentido que a Xunta, despois de anos de protestas, pregunte a Burela se dispón de terreos para a ampliación do hospital da costa precisamente esta semana? Por outra parte, traduzo ó meu…
-
Comparando
En Ribadeo levamos xa mítins de dous dos tres ‘grandes partidos’ a nivel local. A finais da semana pasada foi o BNG, e onte, o PP. Ambos no cine teatro. Pregúntome se por ser máis central que o auditorio (ó que algunha xente maior di que lle custa baixar) ou por ser máis pequeno e…
-
Lendo as noticias
Lendo os xornais lembro que onte tíñame posto unha cita á que non puiden acudir: a actividade que o Grupo de Acción Costeira A Mariña Ortegal impulsou, unha xornada de turismo mariñeiro de man de Celia Pacio, patroa maior, que a bó seguro estivo moi ben. Mágoa. Á súa beira, atópome un anuncio electoral que…
-
Propaganda electoral
Remato de recibir onte a primeira remesa de propaganda electoral: sobre de PP e BNG para toda a familia. Máis invitación ao mítin do BNG que terá lugar hoxe, con carteliño e foto do grupo municipal incluída. Non boto contas da cantidade de papel malgastado ou cartos de custe. Desto último circularán por aí os…
-
Un vídeo
é certo, as xornadas preelectorais inflúen. Por exemplo, no blog, estánnme facendo prestar máis atención a temas xerais que particulares de Ribadeo, os que se ven submetidos, como na realidade, a máis constriccións. Neste caso, o causante é un vídeo. En inglés, con subtítulos en castelán, 4 minutos 3/4, resulta curioso por estes pagos. Xulgade:…
-
Lo que se pierde en unas elecciones, puede recuperarse en otras
Esa era a idea de Azaña, e segundo di el, repetida moitas veces (Causas de la guerra de España, -na versión de Público, 2011, na p.73-). E hoxe, no post debate, cabe lembralo, ó tempo que se lembra que hai unha elección cada catro anos, que se tenta reducir a un único momento e dúas…
-
Cousas de hoxe
Comeza unha nova semana na que tentan convencernos de que hoxe, precisamente hoxe, luns, vexamos unha confrontación entre os dous candidatos (so os demáis non contarían) á presidencia do goberno de España. Os outros partidos e candidatos, subíndose polas paredes, incluíndo o presunto merlo branco de Equo, que nas enquisas do CIS case non sae.…
-
Eleccións? Si, pero a vida segue
Comezo de pegadas de carteis. Aínda non saín da casa esta mañá, pero nalgún lugar mos atoparei. A nova en Ribadeo non é unha campaña para o 20N que comezou xa hai moito (de feito, aínda continúan expostos algúns carteis da campaña anterior en lugares ben visibles), senón cousas máis mundanas, máis do día ó…
-
Debe ser a política …
Papandreu, o grego, arma un pifostio chamando a un referendo sobre a ‘axuda’ da UE; recibe ameazas diversas, todo o mundo se posiciona … e non ben dous días despois, a oposición di que acepta a axuda tal cual, e Papandreu esquece o referendo. O pobo? que importa!
-
O camiño que non tomamos
Outras alternativas son posibles. Que deixen poñelas en práctica dun xeito doado, é outra cousa. Con dous días de retraso lin no El País “Islandia, el camino que no tomamos“, do amigo Paul Krugman. Comparacións económicas e a posibilidade dun modelo diferente. Non moito novo, ó tempo que mantén viva a posibilidade non tanto de…
