Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.517 posts
41 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Comparando


En Ribadeo levamos xa mítins de dous dos tres ‘grandes partidos’ a nivel local. A finais da semana pasada foi o BNG, e onte, o PP. Ambos no cine teatro. Pregúntome se por ser máis central que o auditorio (ó que algunha xente maior di que lle custa baixar) ou por ser máis pequeno e recollido. Quédome con esto último: en ámbolosdous casos, unhas 170 persoas (algunha, repe) non daban enchido totalmente o local. Supoñendo que o PSOE teña tamén o seu acto, e cunha representación semellante (o que non é seguro nestes tempos), chegaría o total de xente que asistiu ós mítins esta volta en Ribadeo a unhas 500 persoas, menos do 10% do electorado. Despois de que a confrontación televisiva dos dous líderes maioritarios fora a menos seguida en moito tempo, facendo gala a xente de non tela visto, e que o enfrontamento tamén televisivo a cinco (con dous secundarios para os grandes e máis ou menos primarios para IU, CiU e PNV) fora aínda abondo menos contemplado, é previsible que estas eleccións sexan as menos concorridas porcentualmente de toda a democracia española. Algo que ó tempo, favorece ó PP (unha volta ganada a pulso polo PSOE a inhibición do seu electorado) e incrementa a cantidade de xente que non cree no sistema e pide unha renovación sistémica, non só da cabeza visible. Parecerálle raro a alguén, despois de ver como os intereses económicos cambian cúpulas de goberno sen mediar eleccións? (algo que parece unha moda dos tempos)

A primeira nave construída no polígono de Ribadeo
Dúas naves en construcción no polígono, esta semana.
Posta de Sol por tras do chao do Comado (vista dende Piñeira)
Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *