Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.314 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • dende Ribadeo, máis aló do Facebook

    Segundo Facebook, Ribadeo xa está en Galicia (aínda que, se te pos a trastabillear, habería que matizalo). Érache boa! Como se porque o dixera o Facebook, Ribadeo deixara de estalo. Mais esa situación campou anos, cos perxuízos correspondentes, con difícil solución. Tan difícil solución que O Tesón non conseguiu o cambio, e o alcalde, por…

  • E a suba do gas, para cando?

    Hoxe, esta tarde ás 8 na casa do mar de Ribadeo, estou invitado a unha charla sobre a reforma das pensións, ó igual que toda a cidadanía que o desexe. Procurarei ir, promete ser interesante o que se presenta como unha presentación do libro ‘A batalla das pensións’, que no seu subtítulo alude á privatización…

  • Un adianto á residencia de Ribadeo

    Iso, un adianto, foi o anunciado polo alcalde de Ribadeo en relación á residencia: comezarase o trámite para a licitación aínda sen asinar a aportación de 500 000 € por parte da Xunta. Para elo, unha manobra: o concello poñerá esa cantidade de ser necesario adiantala porque a aportación se retrase (esa é a proposta…

  • Ceuta, como exemplo

    Estamos vendo nas novas sobre Ceuta e a inmigración un exemplo da pauta xeral que se mantén dede hai xa tempo por parte do estado para case calqueira cousa. Case nos podemos preguntar se é por convencemento, necesidade estimada ou sinxelamente costume. A cousa é que ‘a morte’ (así, estimada polos medios como tal, descartando…

  • Arándanos en Ribadeo: unha pequena reportaxe fotográfica

    Por unha casualidade, vou poder corrixir a posición que asignei como posible á finca alugada á Cooperativa os Irmandiños polo concello de Ribadeo para a plantación de froitos silvestres, auspiciada pola Asociación ‘Puente de los Santos’. Coido que queda claro na foto, atravesada pola N634: na parte superior, a rotonda que liga a N634 coa…

  • Revisando un artigo de hai máis de dous anos sobre a crise

    Crise financieira, ambiental, social, política… Mirando este artigo de hai máis de dous anos, reseñaría dúas ideas: “Al contrario de cualquier otro empresario o profesional, la élite financiera sabe que hay escasa probabilidad de que tengan que pagar por sus errores. Y donde no hay castigo, no hay aprendizaje.” “(…) es necesario aprender la lección…

  • A mesa de asociacións e o alcalde de Ribadeo

    Nota de Prensa AVV O Tesón Xuntanza de representantes da Mesa de Asociacións do Concello de Ribadeo co alcalde Venres, 31de xaneiro de 2014 Diversos representantes de asociacións do concello reuníronse o pasado venres 31 á noite co alcalde e co concelleiro de Medio Ambiente no Salón de Plenos. A xuntanza foi preparada cunha previa…

  • Especulando

    Onte houbo pleno. E pregúntome, quen o poderá contar dun xeito obxectivo estando interesado polos temas do pobo? Cánta xente iría? A atracción dos plenos segue coma sempre, desaparecida (feita desaparecer) coas excepcións de intereses particulares ou gremiais (particulares dun pequeno conxunto) De novo, o salón de plenos recibiu un tratamento de temas públicos cunha…

  • cousas de Ribadeo: pleno, anuncio, feira, voto partido … e vidrieiras

    Hoxe xoves, pleno. Entereime onte pola mañá a traverso dun xornal e fun á web do concello en procura de máis información. En vano, pois atopo a nota de prensa dos medios, pero atopo pinceladas, sen unha orde do día. Reproduzo o que alí puñia: ” SERÁ A PARTIRES DAS 20 HORAS O xoves haberá…

  • A MENTIRA COMO ESTRATEXIA POLÍTICA DO PP. Artigo de José Mª Rodríguez Díaz

    Aínda que resulte duro facelo, danse situacións ás veces que esixen “poñer unha pica en Flandes” en defensa da verdade. Afeitos a convivir nestes últimos tempos coa utilización da mentira como arma política – un contravalor convertido en moeda corrente por moitos dos nosos políticos – hai momentos en que se impón facer fronte a…