Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.393 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • leite e tráfico, entre outras

    Onte mesmo desenvolveuse unha manifestación a nivel Galicia polos prezos da leita pagada ós gandeiros, a súa recollida e en xeral, os problemas do sector. Dous días antes era a DGT, Tráfico, quen anunciaba que reducía en Galicia as sés dos exames de conducir, quedando na nosa zona afectado Foz e todos os usuarios previstos…

  • De Ribadeo a Grecia, pasando por Madrid

    Onte Votouse o rescate en Grecia. Tamén en Madrid, o rescate de Grecia será votado. Resulta curioso que se vote unha axuda relativamente pequena a Grecia para escenificar que nos debe cartos, que estamos todos implicados, que eses cartos son nosos, e que hai unha diferencia fundamental con Grecia: nós deixamos, eles piden; e así,…

  • visitando a web do concello

    Hoxe achégome á web do concello despois de ler o xornal. Nunha das súas páxinas, coa cabeceira ‘Rexistro de intereses‘ aparecen publicados os intereses dos concelleiros, segundo marca a lei. Polo momento están 14, faltando tres, pero non cabe dúbida de que aparecerán en breve. Xa o mandato pasado apareceran de xeito voluntario varios, e…

  • Mirando máis aló no tempo, sobre a crise grega

    Estes días caeu nas miñas mans unha gráfica sobre impagos na historia dos estados de Europa. Hai que contar que a organización estatal noutros lugares foi en xeral abondo posterior, e aínda que en Europa tampouco todos os estados naceron ó tempo, nin tiveron a mesma continuidade na súa existencia, hai unha homoxeneidade abondo maior…

  • Novas dende o Pazo de Ibáñez

    Esta mañá, ó levantarme, levo unha satisfacción. Remato de comprobar unha nova da que me deron conta conta oral onte, no medio doutra información. Por fin o pleno de hoxe aparece na web do concello con máis de 24 horas de antelación. Será polo cambio do concelleiro delegado correspondente ou polo que sexa, pero o…

  • De como nos venden a moto

    Resulta curiosa a evolución do tema de As Catedrais. Curioso non polas catedrais en si, que ó final resulta ser un tema lateral para a súa desgraza, senón polo tratamento dos políticos. Despois dun momento inicial onde o bando do alcalde arrasaba aínda poñéndose de manifesto as mala formas, e a Xunta parecía que replegaba…

  • Deputación, Ribadeo

    A estas alturas xa é de dominio público: a Deputación provincial de Lugo está constituído cun presidente (presidenta) do PP. Resulta ser mariñá, de Mondoñedo, o que non debera ter importancia, pero xa leva xerado na rede intervencións como ‘a ninguén de Mondoñedo lle sentará mal que a presidenta sexa de Mondoñedo’, nun localismo que…

  • As Catedrais cabalgan de novo

    Dende a última volta do tema Catedrais, despois da toma de posesión, fixen un artigo (Ave, Caesar / Benvido, líder) e decidín deixar o tema próximo, seguíndoo, pero de lado en relación ó blog Onte á mañá entérome de que unha ‘delegación’ xunteira, que tiña programadas varias xuntanzas esta mesma mañá, chegou a Ribadeo e…

  • “rige un Estado de Derecho que es …piiiii “

    Collo como título unha parte (polo tanto, sácoa de contexto) que me chamou a atención dunha frase do último post de im-pulso, sobre o xeito de comunicar as novas ós medios e a consideración destes, para repetir doutro xeito algo que leva aparecido no blog repetidas veces: a comunicación unilateral nunha sociedade na que a…

  • Pretensións de futuro do PP en Ribadeo

    Vexo hoxe no xornal que o PP ribadense está totalmente renovado e que afronta a nova época cun liderazgo forte e totalmente unido, despois de perder case 500 votos: xa non volverá a pasar que grupo municipal e partido teñan nalgúns temas opinións diferentes. Sigo lendo que é unha pretensión do ‘líder’ actual, Suso López…