Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.531 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Artigo de Pablo Mosquera: La perversión del sistema democrático

    Ciertos personajes que controlan, desde los partido políticos, el poder institucional, son culpables. Han logrado instaurar la subcultura de la indecencia. Hoy en la sociedad española hay muchas personas que dan por hecho la indecencia de los que mandan. ¡Todos roban; al menos los que están ya lo han hecho; lo malo es que los…

  • ACISA e asociados, Co.

    Co mes apareceu na páxina web de ACISA (si, se alguén ve algo raro na portada… é así) unha convocatoria de subvencións. Coido que a cousa non sería chamativa se non existiran dous puntos que entendo que así a fan. O primeiro deles, que é unha subvención para actividades que outorga unha entidade que é…

  • Pero aínda estamos así? A residencia está aquí porque a quixemos, a xente

    Non é a primeira vez, nin a segunda, nin a terceira… que sae a removerse o tema da residencia cando remata de imputarse a alguén do PP, se descubre algún novo “pastel” ou cousa semellante… ou sinxelamente por saír nas novas, seguindo o adaxio de que o importante é que se fale sobre un, aínda…

  • Pequena crónica dun minipleno

    O salón de plenos, onte, baleiro de bancos no centro (disposición provisional) Este artigo ten dúas contribucións. Unha, a continuación, a miña propia, e outra, embaixo, de José Mª Rodríguez. —     Onte (21060128) tivo lugar o pleno ordinario convocado con só dous puntos na orde do día (catro se lle sumamos a aprobación de…

  • Rápida crónica madrileña

    Unha cousa cortiña: ir a Madrid e volver non deixa tempo para moito… Estiven na procura do stand de Ribadeo ou da Mariña na web, e non o atopei. Será por falta de tempo, claro. E de visibilidade, pode.  E non procurei polo concurso ó que se presenta o Ribadeo Indiano, que merece un premio,…

  • Ciao!

    Unha vez máis, vai incrementarse: a falta de obxectividade xa sufriu un novo aumento a conto dunha nova elección previa á investidura no parlamento catalán, cun empate que serviu para tentar xustificar con matemáticas que era algo imposible para logo insinuar que había trastenda política, e agora, tras a investidura, xa tapa o tramo final…

  • ALEGACION A UN VERQUIDO NA BOCA DA RIA, artigo de Evaristo Lombardero Rico

    Lugar aproximado do verquido da draga, 1,2 km ó N da Punta da Cruz A primeiros do mes de decembro demos conta do Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto de Dragado na canle de As Figueiras, publicado no Boletín Oficial da Provincia de Asturias o 2.12.15. O proxecto consiste no dragado de 55 000 metros…

  • Unha visita ó Salón de Plenos do concello de Ribadeo

    A cámara lenta, aquí deixo o que recollín o outro día mentras esperaba. Ten mala calidade, pero supoño que dará pé a que alguén o recolla mellor ca min. Polo momento, para un día de Nadal, coido que vai ben o coñecelo, aínda que só sexa no seu aspecto ‘turístico’, aínda que me gustaría pensar…

  • Pensa… e actúa

    Din que hoxe é para reflexionar. E claro, ríome. Despois de pretender que esteamos catro anos sen usar esa faceta, o lóxico é que non saia ben. Mellor reflexionar a diario, a aínda así, chega. Ben, xa temos aquí as eleccións, cos votos a partidos, abstencións, votos en branco e votos nulos. Os primeiros este…

  • B? Non, PP!

    Onte asistín a un pase da película sobre os papeis de Bárcenas. Nela, a ficción só é a parte visual. Os diálogos corresponden (“extraídos das transcricións”) a unha sesión de interrogatorio de Luis Bárcenas. E relacionado con iso, podería falar abondo sobre a impunidade dos partidos e institucións, e en consecuencia, das persoas que ocupan…