Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.393 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Milagre! (un ano máis)

    Nalgúns lugares danse milagres anuais. Algúns son do tipo de choros de imaxes de santos ou de licuación de sangue a día fixo. Noutros, como en Ribadeo, son máis humanos. En Ribadeo trátase da conversión periódica de alcaldes en fieis cristiáns representando unha comunidade de fieis cristiáns dun estado confesional en determinados actos relixiosos. O…

  • Non é festa

    Teño localizado os restos dun devolto nouturno sen limpar de hai cousa dun mes. O concello foi avisado, pero aló segue. Restos de ‘festa’, si. Indesexables. Permitidos. Sen paliar. Véxoos case tódolos días. Hoxe tráioos a colación despois de ter dado unha volta por Ribadeo, con algunha cousa que non deixa de ser sorprendente por…

  • Xordeira

    Creo que as institucións -a grandes rasgos- son entidades que serven para administrar a sociedade. Como calquera outra cousa, para funcionar necesitan interacción: recibir información, procesala, actuar… En España, caso coñecido por estar nela, as institucións preséntanse moitas veces como autistas, pero diría que máis aínda como xordas: teñen dificultades co tratamento da realidade, pero…

  • Con Ribadeo na mirada

    Vexo unha nova en praza.gal: ata 10 veciños poderán intervir nos plenos. Fixo falta que unha marea chegara ó concello para que sucedera, pero así é: aparece na web do concello coruñés. Poden presentarse no seu propio nome ou como representantes asociativos. En ribadeo levamos 10 anos que, a raíz dunha iniciativa de O Tesón,…

  • O que eu debo, o que ti debes, máis o que el debe

    Remato de ver nun xornal unha nova non destacada entre as outras: un representante popular, isto é, un cargo electo representando ó pobo en Madrid, declara deber 1,5 M€ ós bancos. Estamos ó final dun mandato (aínda que neste caso, creo lembrar que era un senador, co que estaría ó comezo da súa estadía na…

  • Algún comentario a un par de notas do concello de Ribadeo

    Onte a web do concello engadiu un par de notas ó seu haber. Unha, de defensa de críticas por non ter representación na ‘presentación’ da concesión de patrimonio da humanidade ó Camiño Norte, e outra, de protección ante a falta de protección do novo parque infantil que manifesta un estudo encargado polo PSOE. Coido que…

  • Santiago, Galicia… y cierra España?

    Un novo día de Santiago, tamén chamado de Galicia, da patria galega (ou sinxelamente, sobreentendendo, da patria), do patrón de España… Festividades, advocacións, sentimentos contraditorios, que ás veces, mesmo se dan nunha soa persoa. Santiago ‘Matamoros‘: a identidade dun estado construída fronte a un inimigo. (imaxe de wikipedia) Teño claro que son galego, e que…

  • Máis sobre a débeda de Ribadeo

    Hai poucos días, unha entrada no blog, A débeda de Ribadeo, agúns datos, botáballe unha ollada a ese apartado das contas do concello que resultan tan pouco intelixibles, ou transparentes, ou … Hoxe atopo unha web con datos semellantes. A imaxe da conta deles: (http://cartodb.com/attributions?utm_source=Footer_Link&utm_medium=referral&utm_campaign=Embed_v1&utm_content=Attributions&utm_term=infografia-02-elpais) Segundo eses datos, a débeda do concello entre finais de…

  • A soldada dos alcaldes (artigo de José Mª Rodríguez Díaz)

    Collido de http://cargadoiro.blogcindario.com/2015/07/00428-a-soldada-dos-alcaldes.html: Non son afastados os tempos nos que os alcaldes – a economía expresiva inclúe o correspondente feminino deste masculino gramatical – exercían o seu cargo sen remuneración económica ningunha. Tempos, nos que a xestión da res pública municipal carecía da complexidade e das dificultades que hoxe lle son inherentes. Tempos, nos que…

  • Plenos: transparencia, acceso á información…

    Na procura de detalles para unha entrada sobre soldos, decátome de algo curioso: as actas do último pleno publicado na web corresponden a un extraordinario urxente de hai 13 meses, feito para a redución dos xuros ó acollerse ós plans do estado. Se nos remitimos ós plenos ordinarios, son xa 14 meses os que van…