-
Ciao!
Unha vez máis, vai incrementarse: a falta de obxectividade xa sufriu un novo aumento a conto dunha nova elección previa á investidura no parlamento catalán, cun empate que serviu para tentar xustificar con matemáticas que era algo imposible para logo insinuar que había trastenda política, e agora, tras a investidura, xa tapa o tramo final…
-
Unha visita ó Salón de Plenos do concello de Ribadeo
A cámara lenta, aquí deixo o que recollín o outro día mentras esperaba. Ten mala calidade, pero supoño que dará pé a que alguén o recolla mellor ca min. Polo momento, para un día de Nadal, coido que vai ben o coñecelo, aínda que só sexa no seu aspecto ‘turístico’, aínda que me gustaría pensar…
-
Pensa… e actúa
Din que hoxe é para reflexionar. E claro, ríome. Despois de pretender que esteamos catro anos sen usar esa faceta, o lóxico é que non saia ben. Mellor reflexionar a diario, a aínda así, chega. Ben, xa temos aquí as eleccións, cos votos a partidos, abstencións, votos en branco e votos nulos. Os primeiros este…
-
B? Non, PP!
Onte asistín a un pase da película sobre os papeis de Bárcenas. Nela, a ficción só é a parte visual. Os diálogos corresponden (“extraídos das transcricións”) a unha sesión de interrogatorio de Luis Bárcenas. E relacionado con iso, podería falar abondo sobre a impunidade dos partidos e institucións, e en consecuencia, das persoas que ocupan…
-
A Terra non é importante
Que é a nosa casa común? E que? Nas casas grandes sempre houbo espacio abondo para ter as habitacións boas e os cuartuchos de servicio. E parece que, aínda que pequena, a Terra preténdese que sexa así. E non só en París, procurando ganancias duns fronte a todo o resto, co que aplicando a teoría…
-
Pantomimas e ficcións no teatro de monicreques
Véxome na necesidade de dicir algo sobre unha pantomima que é ó tempo unha ficción: a mantida onte entre dous políticos que quixeran seguir mantendo un coto cerrado de poder no seu beneficio. Ficción de que son eles a alternativa, cando dun xeito ou outro, son o pasado. Pantomima teatral para unha posta en escea…
-
16 árbores, 25 comercios, e (por outra banda), moitos euros
Xa hai nova do éxito certo do mercado da Inmaculada Constitución antes de rematar, non sexa que non nos foramos enterar e se perdera unha oportunidade máis de facer propaganda, que estas cousas necesitan comunicación, non coma outras, que aínda que durman os papeis sen contestar pola casa do concello, non pasa nada. Esta tempada,…
-
Voltemos á realidade
As capas de realidade superpóñense segundo categorías. Así, podemos falar dun plano local de realidade, co que ocorre na nosa vila e arredores, que aínda que esteña relacionado con outros planos, ten que ver co poder, a política, a economía, a sociedade, a nivel local. Outro plano sería máis lonxe, a nivel estatal. Tamén relacionado…
-
Glaucoma PPolítico
Despois de ver o que sacou a prensa sobre a notga de Ciudadanos sobre a residencia de Ribadeo, e ter falado de que a nota de prensa ía nun sentido diferente do publicado nalbún medio, tentei conseguir qo que Ciudadanos pasou ós medios. Embaixo queda; xúlquese a súa postura, o aproveitamento partidaro que fixo algún…
