Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.312 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Que parte de ‘caciquismo’ non entendiches?

    Vénseme á cabeza o Ron Cacique, coa etiqueta caracterizada cun indio con plumaxe. O nome de cacique ven do que se lle daba ós xefes locais das comunidades taínas de América, e foi importado na idea de que eses xefeciños facían o que lles petaba nas súas comunidades, pola inexistencia de leis escritas e por…

  • PRESENTACION DO LIBRO “O FUTURO DAS PENSIONS”. Nota de prensa

    O sábado próximo, 9 de marzo presentarase en Ribadeo o libro “O futuro das pensions en Galiza, Estado Español e Europa”. O acto terá lugar no Cine Teatro ás seis da tarde. Na mesa estarán como ponentes Lidia Senra, eurodeputada galega, Xavier Pérez Davila, economista, escritor e membro de MODEPEN e Victoria Portas, tamén membro…

  • Propaganda electoral: unha cuestión práctica

    Resulta que anda por algo máis de 1 € o que se gastan os partidos para o envío subvencionado desa publicidade que din electoral e que en xeral chamaría electoralista. E resulta que un cambio legal de hai non moito permite que te borren da lista que é entregada ós partidos para que fagan propaganda…

  • Indefensión aprendida, debilidade asumida

    De cara ás próximas (varias) eleccións, coido sería interesante poñer no foco un concepto que non se estila moito en polítca e menos en época preelectoral. Algo que, non obstante, aplícase de xeito case sistemático neste ámbito. Trátase do que en psicoloxía se coñece como ‘indefensión aprendida‘. En breve, refírese a que se se amañan…

  • Un partido informando (‘informando’, así se titula)

    Vou tirar un papel á papelera e fíxome: un aviso de que un acto de presentación dun candidato non se vai celebrar por cambios de última hora na axenda dun alto cargo do partido.  Pero o candidato éo ás municipais. Os carteis xa estaban impresos e colocados, e a nota foi algo rápido, para saír…

  • Manifestación aquí, en Santiago, en Madrid, no mundo… vistas dende Ribadeo

    Imaxe cedida ó dominio público, collida de commons.wikimedia.org A fin de semana pasada tiveron lugar dúas manifestacións, unha na praza de Colón de Madrid, e outra na praza da Quintana de Santiago, que tiveron diferente tratamento mediático. É complexo tentar unha comparación, pero coido que o tema a merece, ao menos parcial, insertada dentro doutras…

  • Tes tempo hoxe ás oito e media? Queres saber en que invirte o concello os teus cartos?

    Hoxe hai pleno, ás 20:30. Podes ir e tentar enterarte. Algunhas pinceladas previas, a nota de prensa e a convocatoria de pleno: * A nota de prensa do concello, liberada onte (na web do concello): INCLÚE UNHA PARTIDA PARA O CÉSPEDE DO ESTADIO PEPE BARRERA Orzamento para 2019 21/01/2019 O orzamento do Concello de Ribadeo…

  • Facendo propaganda a conta dos pensionistas

    Hoxe foi un deses días nos que era doado, moi doado, atopar novas con titulares truculentos, sen ter que chegar a ler nada máis que iso:  o titular. Como mostra, val un botón, din.  E iso é o que fago neste artigo, traer unha mostra relevante. Está sacada da portada de La Voz de Galicia…

  • Nota de prensa do concello. BARCIA PENSA QUE É UN TREITO DA TRANSILVANIA DO SÉCULO XIX

    Nunha semana o blog ten acollido dúas entradas que recollen de xeito directo a situación do transporte na zona, tendo o tren como principal vector. Por iso coido que debo recoller tamén íntegra a nota publicada polo concello o pasado día 12: BARCIA PENSA QUE É UN TREITO DA TRANSILVANIA DO SÉCULO XIX  Xuntanza polo…

  • Mirando á pasta

    Pasta como sinónimo dos cartos ou pasta de papel? Ambas. A semana pasada apareceu unha nova nos xornais resaltando non unha nova auténtica, senón o recoñecemento de algo que era vox pópuli: que Ence leva xogando cos políticos para conseguir subvencións cando está ganando cartos. E que para iso, usa Mirasol, o tren e o…