Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.492 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Os soldos das corporacións mariñás no pasado próximo


Hai pouco que cambiaron as corporacións locais, e con elas, a distribución de custes a cargos electos dentro de cada concello, datos que polo momento non teño. Mais, a auga pasada, lembrei un artigo de José Alonso na Voz no que collía os datos do Ministerio para detallar o custo das corporacións locais da Mariña no 2017. Sabendo que no detalle pode haber algunha variación, fixen unha táboa, argallei algunha conta con datos do INE e fixen 6 gráficos para ver en retrospectiva o custo dos nosos políticos a escala Concello / Deputación. tentei ver se había algunha correlación entre custes de cargos políticos e poboación, pero non atopei relacións significativas, polo que non incorporo os gráficos correspondentes. Imos aló.

O primeiro, a táboa. Está detallado, para cada concello en euros:

– o que recibe o / a alcalde da Deputación, se ten soldo por cargo nela.

– o que recibe polo concello (asistencia a plenos incluída, pero non dietas e custos de locomoción)

– o total de ámbolosdous conceptos

– o total de cobros da corporación local (asistencia a plenos incluída, pero non dietas e custos de locomoción)

– o total, incluído o cobro da Deputación

– o número de habitantes a 1 de xaneiro de 2018

– o importe por habitante que representan os emolumentos do alcalde (só por cobros directos do concello, nunha columna, e incluído cobro da Deputación, na seguinte)

– o importe por habitante da corporación (só concello, nunha columna, e con cobro da Deputación, na seguinte)

Hai que ter en conta que en calquera caso, os custos nas contas anteriores son asumidos só polos veciños do concello, é dicir, os custos da Deputación non se contan nestas contas como distribuídos entre toda a provincia, o que distorsiona os números pero vai a prol do sentido de cargarlle soldos á Deputación que evitan soldos municipais.

En canto ó cobro dos alcaldes, os dous máis altos están enmascarados polo cobro da Deputación, vindo despois un grupo de poboación abondo heteroxénea, encabezados pola alcaldía de Ribadeo. O Vicedo e Alfoz son casos nos que o alcalde non cobra mensualidades.

A vista varía moito se pasamos ó custo por veciño, co destaque, por goleada, de Ourol.

En troques, se consideramos tamén os soldos da Deputación, volve cambiar o aspecto nos primeiros postos.

Pasando ó conxunto das corporacións, a Pontenova vai en cabeza debido ó soldo da Deputación; sen ese soldo, sería Ribadeo quen ocupara o primeiro lugar:

En cqambio, por veciño, debido á súa baixa poboación e ó soldo do alcalde, Ourol arrasa, considerando ou non os soldos da Deputación:

Datos:

https://www.mptfp.gob.es/portal/funcionpublica/funcion-publica/ispa.html

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *