Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.307 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • PXOM de Ribadeo

    Unha volta ollado o informe sobre o PXOM que referín antes, coido que ben ven publicar as alegacións feitas no seu momento polo Tesón. A manifestar que non recibimos ningún tipo de comunicación posterior, e que xa pedíamos unha nova redacción, non variacións aquí e aló, e que o informe da Xunta colle os puntos…

  • O tratado non é Europa

    No seu momento apuntei na primeira páxina do libriño do tratado para unha constitución europea a frase que encabeza a entrada de hoxe. Certamente, para comezar, chamábanno constitución pero era un tratado, e que non representaba Europa, alomenos ós seus cidadáns, quedou claro, aínda que non es España. A cousa ven a conto de que…

  • Ribadeo, terra de insultos

    Nun pequeno oasis sobre a denominación da ría de Ribadeo parece que hai xente empeñada en buscar, cos seus actos, un novo nome á terra de Ribadeo: terra de insultos. Hoxe aparece nos diarios cómo, o mesmo día que se reúne a xunta de seguridade, o alcalde chama chorizo (‘suposto’) ó xefe da oposición. Edificante.…

  • Non á mina: o cheiro de Ribadeo

    Hoxe pasei aquí a presentación contra a mina de ouro en Salave (Tapia), de xeito que se pode ver en calquera navegador. As consecuencias dela podían ter afectado a Ribadeo, pero case non se notou ningunha actividade en relación con ela, a favor ou en contra, desta beira da Ría de Ribadeo. Os Tapiegos lograron…

  • Ancé io sono un coglione

    Si, ‘tamén eu son un “coglione”‘ ‘Coglione’ é o insulto que lles propinou Berlusconi a quenes non pensan votar por el esta fin de semán. E éu apúntome: aínda que poidera, non votaría por el. Unha manifestación fotografada tamén estaba na mesma idea: con carteis que expresaban ‘sono un coglione’. Por unha volta, o cambio…

  • Hoxe toca aviso en ribadeando (e máis cousas)

    Notei onte que ó acceder ó blog ábrense ventanas. Recomendo entón usar Mozilla firefox, descargable aquí, e configuralo para que non permita abrir fiestras emerxentes. É un consello… 🙂 E falando de tecnoloxía, parece que o PP usou a miña idea de ‘denuncia fotográfica’ para o vertedorio, e fixéronlle caso. O dito: a idea tivo…

  • Ribadeo is different

    Calquera que vexa hoxe a prensa na mariña teráo claro: Ribadeo? is different! O lema do turismo español de vai xa 40 anos (curioso, os que pasou Franco, ordeno y mando…) vénlle ó dedo a Ribadeo: leva a palma, mentras que dos outros concellos van a fitur o alcalde ou algún concellal (o máximo, dúas…

  • O estado non debe ser feudo dos que gañan

    Con esta cita de Aníbal Cavaco Silva, que remata de gañar as eleccións de Portugal, sácome unha espiña: a que me cravou o actual alcalde ribadense cando diante de máis de 300 persoas nun acto sobre as bondades e maldades da piscifactoría meirenga dixo que tiña que render contas ós catro anos. Coido que, a…

  • Dúas rúas, unha cita, un novo Ribadeo

    As dúas fotos corresponden á travesía Suso Peña e á Rúa Suso Peña (a que está en curva), ambas en San Lázaro e entroncando unha coa outra: así se decidiu o outro día no pleno do concello ribadense, en base a unha proposta veciñal que se materializará en dúas semanas, coas actividades en lembranza de…

  • Estratexia china (en Ribadeo?)

    Vai este post non polo libro de Tsun-Tzu, ‘O arte da guerra’, senón por outra estratexia. De todos é sabida a usada polas tropas sublevadas na Batalla do Ebro: desgaste das tropas que tiñan cruzado o Ebro nun contraataque cando as podían ter botado de alí antes, pero resultaba máis rentable cara ó seu aplastamento…