-
O concello
O concello estes días é nova. Atácase o soldo do alcalde 2781€ brutos mensuais (14 mensualidades, sen ningún outro complemento), quen reacciona negando unha suba desorbitada da que é acusado, e deixándoa na doceava parte. A cambio, acusa ós acusadores, a CGT, de ser “esa central sindical está instalada na difamación continúa e na mentira”.…
-
Desgranando as eleccións (+1)
Collo os datos, definitivos ó que parece, dos resultados eleitorais no conxunto de Galicia (por certo, nesta ligazón, http://resultadoseleccions.xunta.es/11AU/galiciamesas2009def.zip pódese descargar unha aplicación chusqueira para windows, que non para linux ou mac): Candidaturas Votos Deputados P.P. 789427 46,68% 38 PSdeG-PSOE 524488 31,02% 25 B.N.G. 270712 16,01% 12 UPyD 23796 1,41% TEGA 18726 1,11% EU-IU 16441…
-
Pleno de 16 de marzo de 2009 (e II)
Despois do reseñado en “Pleno de 16 de marzo de 2009” pasouse a Rogos e preguntas, que non vou a desgranar unha a unha proque foron moitas. Pero si algunhas que considerei máis importantes ou curiosas: Reiterou F. Rivas unha pregunta de hai 3 plenos sobre o número de turistas provintes do Uruguai. A pregunta,…
-
Pleno de 16 de marzo de 2009
Relatar un pleno non soe resultar curto, nin doado polas fintas, pequenos xaleos e demáis que se fan ó longo del. Neste caso, o pleno ordinario de marzo, non foi diferente, rematando preto das 11 da noite dende as oito da tarde ás que comezou. De calquera xeito, se tivera que resumir o pleno en…
-
Falando de políticas
Se non boto mal as contas, hoxe fai dúas semanas xustas das eleccións do 1M. Esta mesma semana pasada, a mediados de semana, deuse a nova de que despois do reconto dos votos dos emigrantes (e familia foránea), Ourense balanceaba un dos seus representantes do PP ao PSOE, quedando 38 – 25, momento no que…
-
RPC: non República Popular China, senón Regulamento de Participación Cidadá
Pois iso, chamoume a atención en Lugo o folleto que adxunto, editado polo Concello, animando á participación cidadá para definir o propio regulamento de participación no concello. Algo que en Ribadeo lévase pedindo xa varios anos, despois de que o vello regulamento non chegara a aplicarse antes de quedar fóra da normativa actual. Aínda o…
-
Dúas festas por unha
Só unha curiosidade: a conta das eleccións, o PP xa leva dúas ceas (a da final de campaña e a de celebración). O cartel pertence ó anuncio da segunda. E despois da cea, jarana (demostrado).
-
Completando novas
Hoxe a prensa fáise eco do desprendemento do talud na Atalaia, blogueado onte en Ribadeando. A notar que xa comeza o peloteo entra administracións típico nestes casos (lembrar o desprendemento no cargadoiro), escudándose non en onde estivo a orixe do desprendemento, senón en quen ten ou non a potestade sobre o lugar. Por outra banda,…
-
Público/privado
Isa é polo momento, a nivel non partidario, a principal división de decisións cara ó futuro de Galicia, despois de que Feijóo anunciara a súa intención de privatización de servizos e xestión. En particular, na sanidade e os seus hospitais, pero non únicamente. Trataríase algo de así como da aplicación do modelo madrileño, algo que…