Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.613 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Leite, Ribadeo, Madrid

    Manifestación en Madrid polo tema do leite. As explotacións están a perder cartos e a iniciativa é protestar pola entrada de leite. Paréceme ben defender os intereses dos produtores. Fronte a eles, a industria importa leite a baixo prezo, que parece ser é de inferior calidade e ademáis benefíciase de ‘dumping’, é dicir, de subvencións…

  • Basta mencionar a maldita crise para que se instale a barra libre

    Non, ista vez non é polo tema de ruídos (aínda que visto Ribadeo, podería). Trátase dunha frase insertada nun artigo de Javier Guitián, A costa de la costa, onde se fala da posibilidade de voltar a construír na primiera liña de costa dentro de pouco. Nun momento no que o alcalde volta ó tema das…

  • De onte a hoxe: comentario e novidades

    Onte comentaba as palabras de Duarte e onte mesmo unha nota de prensa do concello tamén as comentaba: a zona das Catedrais estivo ben atendida en canto a servizos durante a Semana Santa. a destacar que o meu comentario era sobre a idea das limitacións e prioridades, e non sobre a acusación de desatención da…

  • Sei que o concello ten limitacións, pero ten que ter prioridades

    O título é unha frase de José Duarte hoxe na prensa; denuncia ‘en positivo’ que os servizos de As Catedrais non estiveran abertos. E asígnaos como prioridade ó concello. O alcalde, este mandato, ten básicamente dous eixes de disculpa: só catro concelleiros en 13, coa limitación para realizar a carga de traballo que iso supón,…

  • 12 contra 4 en 577

    Así foi aprobado na Asamblea Nacional Francesa, con 12 votos a favor e 4 en contra, de 577 persoas que deberan estar presentes (e non estaban despois de 40 horas de debates). A lei? é o de menos; corresponde á lei dos tres avisos para desconexión de internet por descargas que alí son ilegais. Non…

  • O concello

    O concello estes días é nova. Atácase o soldo do alcalde 2781€ brutos mensuais (14 mensualidades, sen ningún outro complemento), quen reacciona negando unha suba desorbitada da que é acusado, e deixándoa na doceava parte. A cambio, acusa ós acusadores, a CGT, de ser “esa central sindical está instalada na difamación continúa e na mentira”.…

  • Nota de prensa: SUBESTACION ELECTRICA E LIÑA DE OUTA TENSION

    A continuación á nota de prensa. Coido que hai puntos a destacar, como o do parágrafo 7º polo que implica, ou o do parágrafo 2º, no que resulta que os planos non están en exposición, pero despois de comezar as protestas si que a empresa comeza a moverse para teren conta alomenos políticamente ós viciños:…

  • Desgranando as eleccións (+1)

    Collo os datos, definitivos ó que parece, dos resultados eleitorais no conxunto de Galicia (por certo, nesta ligazón, http://resultadoseleccions.xunta.es/11AU/galiciamesas2009def.zip pódese descargar unha aplicación chusqueira para windows, que non para linux ou mac): Candidaturas Votos Deputados P.P. 789427 46,68% 38 PSdeG-PSOE 524488 31,02% 25 B.N.G. 270712 16,01% 12 UPyD 23796 1,41% TEGA 18726 1,11% EU-IU 16441…

  • Pleno de 16 de marzo de 2009 (e II)

    Despois do reseñado en “Pleno de 16 de marzo de 2009” pasouse a Rogos e preguntas, que non vou a desgranar unha a unha proque foron moitas. Pero si algunhas que considerei máis importantes ou curiosas: Reiterou F. Rivas unha pregunta de hai 3 plenos sobre o número de turistas provintes do Uruguai. A pregunta,…

  • Pleno de 16 de marzo de 2009

    Relatar un pleno non soe resultar curto, nin doado polas fintas, pequenos xaleos e demáis que se fan ó longo del. Neste caso, o pleno ordinario de marzo, non foi diferente, rematando preto das 11 da noite dende as oito da tarde ás que comezou. De calquera xeito, se tivera que resumir o pleno en…