Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.313 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • RER: Resultados europeas Ribadeo

    RER, non ERE: os resultados das eleccións. Deixo tres gráficos a nivel estatal: participación, votos e resultados, collidos da páxina oficial das eleccións, http://www.elections2009-results.eu/es/spain_es.html#ancre1, podendo ver no de abaixo un pequeno detalle de que non é o mesmo a colaigación en España que o grupo Europeo no que se integran os electos, algo que non…

  • Panem et circenses: historia curta

    Vendo a segunda convocatoria feita en Ribadeo para xuntar ós veciños ‘que queiran encargarse da organización dos festexos‘, ocórreseme aquelo de ‘panem et circenses’ romano: a chamada ó pobo para o mantemento da diversión, pero mentras se mantén na inacción do seu propio destino para que non plantexe problemas. Tomar o anterior demasiado literalmente pode…

  • Se non podes ser o poeta, se o poema

    A morte de david Carradine, o ‘pequeno saltamontes’ da serie ‘Kung-Fu’ deixou onte nunha radio a frase, dita por el na serie. Axustando,, non se trataría de ser ‘un poema’, senón ‘o poema’. A parte de facer unha pequena lembranza de Carradine, ven a conto da eleccións europeas. Hoxe remata a campaña, na que parece…

  • Operación Lidl: que cadre o círculo (a rotonda)

    Hai xa tempo, poñía nun post a nota correspondente á instalación do Lidl, agora xa inaugurado, e engadía ó final que parecía non haber contrapartidas. Este post é unha corrección: si hai contrapartidas, unha rotonda, aínda que non no mesmo sentido que as achacadas cando a instalación do hiper de Eroski (se non lembro mal,…

  • No medio da campaña para as europeas: Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

    Hai xa algún tempo que pasaron, pero hoxe voltei atoparme cos papeis dos números resultantes. No medio da campaña para as europeas, lembro os resultados numéricos na provincia, na comarca, en Ribadeo e en cada unha das mesas do concello. Asemade, en canto a deputados na provincia: PP, 8; PSdeG-PSOE, 5; BNG, 2. Noutro formato…

  • Sen estudo de mercado

    Despois dunha fin de semana onde se viu de novo que as novas do leite parecen ser abondo menos importantes que as que afectan ós bancos, ou mesmo á industria do automóbil, atopeime onte con este banco de sentarse, posto polo concello de Ribadeo en Piñeira, que, en primeiro lugar, me pareceu unha imaxe bonita,…

  • Unha pequena frase

    Na tele, onte, collida ao voo dunha charla nunha película mala: “Traballo só por cartos” – “Non son os cartos os que me preocupan, senón o ‘só’” En tempo de crise parece todo xustificado polos cartos e só polos cartos, máis aínda que en tempos normais, aínda que o que se chama economía (e en…

  • E onte, pleno ordinario (e III)

    Quedaba onte facendo a exposición de preguntas do PSOE en canto ás dúas versións sobre o libro da ría. No entanto, o concello sacou varias notas de prensa sobre algo do que xa levo dito, o libro sobre a ría e a rehabilitación de vivendas para aluguer en Cabanela, e tamén sobre algo que, se…

  • E onte, pleno ordinario (II)

    (…) O punto terceiro tivo unanimidade, apuntando UPRi que os criterios de selección foran obxectivos e non suxeitos á subxectividade. A ampliación durante un mes do prazo de exposición do regulamento da agrupación de voluntarios non atopou ningún inconvinte. En canto á intervención do concello no trámite do TSXG para ter un xuíz substituto, acordouse…

  • E onte, pleno ordinario (I)

    Esta tempada lévanse varios plenos extraordinarios (lembremos o da concesión de Calvo Sotelo e o de apoio ó sector leiteiro) antes de pasar ó xa tradicionalmente retrasado pleno ordinario, que tivo lugar onte. Nove persoas de público no momento de máxima audiencia e só catro ó final manifestan que excepto temas de interese particular (é…