Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.613 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Xuntanzas sobre a Área Sanitaria da Mariña (Burela, 20091019)

    Conforme ó prometido nun post anterior (‘Por vía dos feitos, hospital desfeito‘), inclúo a continuación unha nota que me pasaron sobre as xuntanzas sobre a zona sanitaria mantidas o luns 19 en Burela, tendo en conta que variei unhas cantas cousas de como viñan escritas segundo a miña percepción e para axudar á letura, o…

  • Por vía dos feitos, hospital desfeito.

    Ter razón é o máis antipático que hai. A frase está atribuída a Unamuno segundo unha carta de 1908. Non ten por que ser así, opino, pero o caso é que cando se mantén a opinión razonada en contra de poderosas influenzas externas, gánase un moitas antipatías. E voltamos ó tema do hospital. Aínda sen…

  • Atopa o teu camiño

    Ben, en realidade o lema da Xunta di ‘encontra o teu camiño’, e iso na versión galega do lema trilingüe para o Xacobeo. Non obstante, coido que é un lema que sería de aplicación xeral, para toda Galicia, por exemplo. Así, din as teorías económicas capitalistas (ó fin, o sistema no que estamos metidos, por…

  • Ribadeo, aldea global?

    Hai xa máis de corenta anos que Marshall Mc Luhan cruñou o termo ‘aldea global‘ como idea da reducción do mundo ante o alcance das comunicacións, e polo tanto, do intercambio de relacións entre as persoas. Coido que o termo pode ser considerado apreciativo ou despreciativo, a pouco que non se tome dun xeito totalmente…

  • Incredulidade

    Xa non é a primeira volta que os olíticos en postos de mando engañan á xente que deberan gobernar. Nin a segunda. por iso é normal que tras asegurar que se vai a facer algo, e reaseguralo, cando se negue despois de presións populares, non se crea, porque as verbas lévaas o vento. Onte en…

  • A ciencia en España non necesita tesoiras

    Moito se leva dito sobre o ‘que inventen eles!’ de Unamuno. Moito e tamén moito mal. Moito se leva escrito sobre o tradicional atraso da ciencia española, primeiro por culpa da nobleza que sumiu nun atraso secular a estrutura mental en España. Despois, polo estreito marcaxe ás ideas da capital da contrareforma. Despois aínda, coa…

  • Unha recomendación

    Coido que o último artigo aparecido no blog ‘Vida político-social de Ribadeo‘ merece a atención de cantos seguen o discurrir da vida diaria en Ribadeo, estéxase ou non de acordo co autor.

  • Xogando coa saúde

    Deixoa a foto da capela de San Miguel por fóra, complementado a que puxen onte por dentro. A iste paso teremos que irnos afeccionando a visitar as igrexas e convén coñecelas. Dígoo porque parece que na loita pola sanidade se ten perdido o norte, real e figuradamente. De xeito real poque a área de Burela…

  • Santa Rita, Rita, Rita, o que se dá, non se quita

    Ou si? Coido que todos coñecemos o dito do título. Agora Fomento quere invalidalo a conto da non construcción do ‘reforzo de ligazón’ para os accesos á circunvalación ribadense. De novo unha institución pretende facer o que lle peta a ela sen consideración algunha polos administrados. De novo, sen explicacións. De novo, sen plantexarse que…

  • Circo en Ribadeo

    Este fin de semana pasadoestivo afincado un circo en Ribadeo. Como din comunmente nos anuncios, ‘no lugar de sempre’, ou sexa, detrás da estación de autobuses. Un pouquiño máis centrada aparentemente, na praza do mercado, tamén foi a última edición da feira da horta (xa a VII edición) e o tempo de algo que debe…