-
Un artigo xa vello?
Publicado en 2003 en ‘La Vanguardia‘, este artigo de Manuel Castells, “Democracia en Finlandia“, coido que está alomenos tan no candeleiro como cando se publicou. Apto para reflexionar un día de significado político e social como o de hoxe.
-
Policías en xullo
Verán. Afluencia de xente en Ribadeo. Necesidade de máis policía. Subvencións da Xunta para incrementar a plantilla. Algo máis de 7 000€ para o 75% do pago. O resto, do concello. Máis datos: convocatoria do concello para tres prazas. Exame o 20 de xullo. O 20 de xullo? Si. Para cando eran esas prazas de…
-
Orzamento habemus!
Antes de pasar ó orzamento: aló polas oito e media óese no pleno un golpe nunha fiestra. Todo transcorre con normalidade, pero, dalía a aun par de minutos, entra no salón de plenos un rapaz coñecido en Ribadeo, atravesa o salón, diríxese ante a mirada de todos a un balcón que estaba aberto (o sinalado…
-
15 de xullo
Xa temos o resume do concello (a nota de prensa da alcaldía) sobre o pleno do luns. Mentras, esperamos a Transgascogne, as duchas dos bloques xa están postas, acompañando ás de rocas brancas, o 25 de xullo hai percebada en Rinlo, hoxe recala en Ribadeo o congreso sobre Antonio Raimundo Ibáñez, … sen esquecer, a…
-
Pleno no pleno
Onte, 13 de xullo de 2009, tocou pleno. Ireino referindo pouco a pouco, así que quen quera unha entrega xa, pode mirar o blog “Vida socio-política en Ribadeo“, onde está referido. Polo pronto, dicir que os orzamentos foron aprobados (4 a favor do BNG, 7 abstencións de PP e PSOE, e 2 en contra de…
-
Un tema de cartos
Hai tempo O tesón preguntou primeiro en xeral sobre pago á SGAE e logo, sobre o pago este ano. As contestacións foron 30 000€ por un período abranguendo boa parte do que levamos do século, e nin idea. É dicir, non se sabe o que se vai pagar á SGAE este ano ó non querer…
-
Hoxe son nova os orzamentos
… que se votarán esta tarde. Sábese o que poñen as noticias, que foi forzada unha reducción … e para de contar. Coñécense? non. Está asegurada a súa aprobación? Polo que pon a prensa, non? Tiveron participación os veciños? non. Poden ser bos? pode… como non se sabe… Coido que é interesante ver tanto as…
-
A segmentación da política
Un novo xeito de facer as cousas en política: o Partido Pirata. Por? Preséntase ó cun programa sobre unha idea parcial, non pretendendo ter ideas sobre todo o que ocorre na sociedade… e está a medrar. Por certo, na ligazón que poño, o periódico citado, en contra do que ocorre coas noticias negativas sobre descargas…
-
No fondo, os cartos
Un concello á beira da bancarrota? Non é novidade. Ou si? Pois o mellor si ó ser usada como arma. O anuncio de que o de Barreiros podería estar á beira dela debido ós cincoenta pleitos da Xunta sobre o tema da construcción debera ser un aviso de que as cousas tiñan que ser feitas…
-
Curioso ou algo máis?
Unha entrada titulada ‘canto gañan os partidos políticos co teu voto‘, algo que sae á palestra cada certo tempo, pero cada vez menos. E que é cada vez máis interesante. Ribadeo, como punto no mapa, non se pode desgaxar aquí do resto… contribúe co seu gran de area e punto.