-
20241013, xuntanza pola paz en Ribadeo. Xa foi

Un novo domingo, xuntanza pola paz. Segue sen haber paz no mundo, e tentanmos insistir para lograla… Hoxe, bo tempo, preto de 30 persoas (algunhas, non todo o tempo) pasaron pola xuntanza pola paz. Mesmo un camiñante italiano fixo presenza e escoitou parte do que se falou. Suso, antes de tomar as fotos,…
-
Unha semana máis, concentración pola paz

Unha semana máis, convócase a concentración pola paz: tódolos domingos ás 12:30 diante do concello de Ribadeo… Palestina, Ucraína, Sahara, Sudán, Iemen, Somalia… a xente de todos eses países, e moitos máis, esperan.
-
Un ano de paz
Un ano de paz Onde? Pode que te faga preguntar o titular. A nivel internacional, calquera negaría a afirmación referida ó último ano. Mais o título alude á petición, idea e querencia, dos asistentes ás convocatorias que se están levando a cabo en Ribadeo dende o comezo da invasión da Ucraína, e sen interrupción,…
-
Un ano máis chamando á paz

Cando leas isto, xa se terá cumprido un ano de guerra, se chamas sinxelamente guerra á destrución, asasinatos e xenocidio nas marxes de Israel. Hoxe houbo outra concentración máis -lembra, cada domingo ás 12:30 no Cantón en Ribadeo- pola paz, xusto un día antes do cumprimento dun ano de guerra-masacre-xenocidio no Próximo Oriente, o…
-
Por publicar, sobre a paz

Deixo aquí un texto que tiña que ter xa publicado. Traspapelouse, pero por desgraza non pasou de actualidade. Son as verbas lidas por Jesús Irigoyen na concentración pola paz en Ribadeo o pasado 22 de setembro, que deberan ir xunto coa entrada Quousque tandem abutere, Netanyahu, patientia nostra?. Aquí quedan: DONDE LO DEJAMOS…ESTO NO…
-
Paz, agora, o domingo, e sempre

Un novo domingo está convocada unha concentración pola paz en Ribadeo. Dende o domingo pasado, neste tema da paz, Israel seguiu a martillar en Gaza e Cisxordania ou Líbano, e comezou a invasión deste último país. Iso, na ‘guerra/xenocidio’ que está ‘de moda’ polos métodos e a impunidade coa que actúan as forzas israelíes…
-
Quousque tandem abutere, Netanyahu, patientia nostra?

Hai longa diferencia de moito tipo entre os tempos de Cicerón e os actuais, mais coido que a expresión do título aplicada a Catilina foi dita do mesmo xeito, con intención semellante, do que hoxe poderíamos dicir ‘Chega xa, Netanyahu!’. Pero parece que media humanidade non é hoxe abondo para substituír a Cicerón neste…
-
Guerra e paz

Un domingo máis, unha xuntanza máis pola paz. Mentres comeza unha nova ofensiva na Ucraína, mentres seguen a masacrar xente en Palestina, mentresmultitude de guerras, do Sahara a Sudán seguen sendo a orixe de penalidades e morte, xuntámonos un domingo máis no cantón de Ribadeo, ás 12:30 para poñer un gran de area…
-
Hoxe en Lourenzá por Palestina

Onte falei da xuntanza pola paz en Ribadeo. Hoxe domingo sumouse Vilanova de Lourenzá. Mandáronme (Enrique Fernández Rivas, de Lourenzá) fotos e o texto lido. Adxunto quedan como testemuña. “Condenamos o xenocidio que se está a comenter por parte de Israel contra o pobo de Palestina, sendo Estados Unidos o gran patrocinador desta…
-
Domingo, festa pola paz

A paz é necesaria. A súa lembranza, o seu desexo, mesmo en festas (sobre todo, nas festas), tamén. E en Vilanova:
