Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.472 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: paz

  • Paz en Ribadeo

    20251116, domingo en Ribadeo, co bo Nadal na casa do concello, por riba das nosas cabezas mentres que Antonio Raimundo Ibáñez segue a despedirse/protexerse estático á nosa beira, un día máis, concentración pola paz. Primeiro Suso leu un comunicado, logo unha rapaza de ascendencia kurda leu directo do seu bloc un escrito da súa autoría,…

  • Ribadeo, 20251116: concentración + paz

    Un novo domingo xuntos en Ribadeo pola paz. Compañeiros nunha viaxe cara a humanidade, volvemos a xuntarnos e traer alguén máis, expandir a xente que tenta construír a paz. O cartel de Suso:

  • Pola paz, mirando máis aló

    Un par de fotos para testemuña da xuntanza pola paz en Ribadeo este domingo, hoxe, 20251109, e algún comentario. Despois das verbas de inicio de Suso, Jesús Irigoyen leu o que deixo en baixo, tras as fotos, e Nana Montañés e Evaristo Lombardero chamaron a atención sobre algunha cousa que non se soe tratar moito.…

  • O alcalde de Nova York avoga por Palestina. E ti?

    Todos os domingos, en Ribadeo, hai unha concentración pola paz, ás 12:30 da mañá, no Cantón dos Moreno. Alí fálase de Palestina, pero tamén da Ucraína, do Sahara ou de Sudán, entre outros moitos conflitos, guerras e xenocidios, e pode axudarte a decidir por ti mesmo, a participar na petición e construción da paz… Anímaste…

  • Pedindo a paz dende Ribadeo

    Unha nova xuntanza dominical no Cantón dos irmáns Moreno en Ribadeo para pedir a Paz, dende o xenocidio de Palestina ó Sahara, pasando pola Ucraína ou Darfur. Deixo en audio parte do que puidemos escoitar as corenta persoas presentes, o texto lido por Jesús Irigoyen e un par de fotos de diferentes momentos. PALESTINA 20…

  • Que é a paz?

    Que é a paz?

    De man do Foro Social da Mariña, o xoves tivo lugar unha charla pacífica. Manuel Dios Diz, un referente nos movementos pacifistas non só de Galicia, senón do estado, estivo en Ribadeo para, despois de facer un pequeno bosquexo histórico dos movementos, tentar centrar o debate sobre a Paz, asentándoo nunha base sólida. Case media…

  • Paz 20251026

    Título en clave, como se tivéramos que ocultarnos… Convocatoria para a concentración semanal pola paz en Ribadeo:

  • A paz, hoxe, en Ribadeo

    Como -case- todos os domingos dende o comezo da guerra da Ucraína (invasión da Ucraína por Rusia), hoxe tivo lugar unha nova concentración pola paz. Como a última tempada, centrada no xenocidio palestino, e como as últimas, lembrando que non é un tratado de paz, senón un descanso para que o exército recupere forzas no…

  • Concentración pola paz. Un novo domingo, unha nova xuntanza

    Paz si, xenocidio, non. Non á guerra, si á reconstrución. Sexamos humanos, non bestas de odio. En Palestina e no mundo, Paz. Mentres se fai pasar submisión imposta por acordo de paz, mentres nos trolean con bulos para completar xenocidios, construamos a paz. Se es persoa, atoparás o xeito de contribuír á paz.

  • Segue a ser xenocidio

    Onte, na concentración dominical pola paz en Ribadeo, a modo de resume do dito anteriormente, engadín algo como ‘Non é un acordo pactado, é un armisticio imposto. E en papel mollado, mollado con sangue porque onte mesmo volvero asasinar a máis de media centea de palestinos. Segue a ser xenocidio. Onte, hoxe, e por desgraza,…