Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.298 posts
28 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: paz

  • A paz non se ve, pero trabállase (II): As pedras de Gaza, de Eli Bouso

    Na entrada anterior, A paz non se ve, pero trabállase, e noutras aínda antes, dicía que había que traballar pola paz, construíla, aínda que non se vira o traballo de xeito inmediato: é un longo camiño. E hai moitos xeitos de facelo. Aquí deixo un particularmente expresivo, o vídeo de Eliseo García Bouso, Eli, e…

  • A paz non se ve, pero trabállase

    Hoxe, ás 12 e media da mañá en Ribadeo, no Cantón dos Moreno, tivo lugar unha nova concentración semanal pola paz. As verbas de Suso e Nana foron acompañadas pola música de Eli García Bouso que deixo ó final, e escoitadas por as máis de sesenta persoas que tentamos acubillarnos detrás dunhas casetas coa lenda…

  • No domingo, na procura da paz

    En Ribadeo, o domingo 29 de xuño, tivo lugar a concentración semanal pola paz. Mais cun engadido, a manifestación que recorreu a vila segundo foi anunciado (ver ó final do artigo). Máis de cen persoas sumáronse á manifestación, quedando algunha xente menos á posterior concentración no Cantón dos Moreno. As consignas que se corearon durante…

  • A paz necesítate. O teu mundo, tamén.

    Unha semana máis, pola paz. Contra a guerra. Contra o xenocidio. Esta, cunha pequena variación: a concentración convertirase en manifestación. O Domingo ás 12:30, saíndo de diante da casa do Concello.

  • O 15 de xuño, pola paz

    Activista pola paz, na procura dun camiño para achegala. Asi te sentirás se participas na próxima concentración convocada en Ribadeo. A paz onde más se necesita: onde non a hai. E máis aínda en zonas nas que o xenocidio vese acompañado por unha mirada desviada dos poderes que ti -ou eu- estás a contribuír a…

  • Máis aló de pedir polo fin do xenocidio

    Máis aló de pedir polo fin do xenocidio

    O pedir pola paz non pode quedarse aí. Hoxe, na concentración convocada tódolos domingos, Suso Fernández leu un artigo. Evaristo Lombardero comentou dous artigos de Le Monde Diplomatique. José Ángel Salvatierra falou sobre diversas cousas, incluído un artigo do El País. E eu tamén dixen unhas palabras, na idea de que hai que difundir que…

  • Pola paz, este domingo 18 de maio

    Unha nova convocatoria pola paz en Ribadeo, o domingo ás 12:30 no Cantón.

  • Pola tarde saíu o Sol. Pola mañá, o ceo choraba por Palestina

    Pola tarde saíu o Sol. Pola mañá, o ceo choraba por Palestina

    Domingo 11 de maio de 2025. En pleno mes das flores,mirando ó parque chovido e polo momento só cunha palmeira morta e retirada, unha pequena concentración de 20 persoas cobixábase da chuvia baixo os soportais do concello de Ribadeo. O ceo choraba. Palestina e as guerras que desangran o planeta estaban presentes nas palabras da…

  • Concentración pola paz o domingo en Ribadeo

    Concentración pola paz o domingo en Ribadeo

    Por se non te lembrabas, ou non o sabías, estase a celebrar todos os domingos en Ribadeo (12:30, cantón dos Moreno) unha concentración pola paz. Velaeiquí o cartel que Suso fixo para esta ocasión, 4 de maio:

  • Paz, de novo

    Paz, de novo

    Deixo o cartel de chamada a unha nova concentración pola paz en Ribadeo este domingo 27 de abril co cartel que fixo Suso para a ocasión: Ó temp, lembro que as xuntanzas pola paz en Ribadeo son semanias; así, o chamamento anterior tiña este cartel: