Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Meteoroloxía

  • O vento, en Ribadeo, estes días

    Polo pronto, só con datos da Pedro Murias e do refacho (golpe de vento máis veloz): Distínguese claramente  unha zona de algo máis de catro de horas de forte vento despois de mediodía o martes, sobrepasando a maioría de tempo os 80 km/h, e o pico acadado de máis de 100 km/h (100,4) a mañá…

  • un ano segundón (en canto a temperie en Ribadeo)

    Si, 2013 foi un ano segundón en temperie. Por exemplo, despois de estar case toda a duración anual marcando o ritmo en precipitacións altas e temperatura baixa, non foi nin o máis chuvioso do śeculo nin o máis frío. Na gráfica vése claro: de finais de xaneiro/comezos de febreiro, cando despegou forte, ata novembro, marcou…

  • A anormalidade dun ano máis normal

    Remato de coller os datos de temperaturas e chuvia da Pedro Murias, correspondentes a onte mesmo, e de incorporalos ás gráficas. Resulta que nas chuvias de outono, pequenas variacións en días fan grandes variacións en cantidade caída. O ano actual segue sendo o máis chuvioso do século se contamos só os días pasados. Pero choivas…

  • Pasando o verán …

    A choiva de hoxe lémbrame que, como dixen a finais de xullo, estou nos preliminares dun estudo de comparación sobre as previsións de Aemet e Meteogalicia para Ribadeo, collendo as previsións a tres días. Tardará aínda en rematarse (espero que remate como traballo de clase dos meus alumnos), pero polo momento Meteogalicia é máis exacta…

  • Unha comparación que afecta a Ribadeo: meteoroloxía

    Antonte a predición televisiva do tempo na zona daba choiva (para onte) e choiva (para os próximos días). Onte foi o mellor día de Sol en Ribadeo no que vai de ano. Evidentemente, non acertaron. Coido que cando se fai unha predicción cabe ese risco. Pero cando as predicións se alongan ata unha semana enteira,…

  • Sobre un comentario sobre a temperie

    Atardecer dende a zona da illa Pancha Hoxe amence coas rúas molladas e a vista pecha, e lémbrome dun comentenario que oín onte de pasada a unha muller falando por un móbil. Ó chegar á casa, mirei a temperatura, 19 ºC, como antes me fixara na visión, cousa de 1 km, con néboa suave, igual…

  • Non importa: turismo destemporalizado

    O concello hai tempo que leva dicindo que quere un turismo desestacionalizado. Coido que considerando os fines de semana, a desestacionalización vai por bo camiño. Agora preve un novo colapso na praia das Catedrais, que xa hai tempo que está recibindo abondos visitantes dentro deste mesmo ano. E isto, a pesares da temperie que fai…

  • gaivotas en terra …

    Mariñeiro na taberna. Iso di o refrán. As fotos da temperie destes últimos días amosan algo así como a parte práctica do refrán. As tres primeiras son tres momentos de evaporación, con néboas, despois de chover sobre terra á que lle deu o Sol un anaco, un momento, en diferentes lugares e días, todos no…

  • 2013 en Ribadeo, campeón!

    Copio aquí máis ou menos o que xa puxen en fqRibadeo. 2013 está feito un campeón. Con datos da estación meteorolóxica Pedro Murias, e aínda que queda moito ano, a maioría, polo momento manténse destacado nos dous indicadores máis considerados de temperie. O primeiro, a temperatura, ven dada na liña ‘gorda’ da gráfica de embaixo,…

  • Acompasando o tempo

    Parece que o tempo este ano vai parello ás malas novas económicas, políticas e de corrupción e comportamento de persoeiros públicos. Facendo bo o dito de ‘ata o corenta de maio …’, na época na que estamos, o Sol sae tímidamente entre nubes e as mangas curtas non son numerosas. Hai dez días que deixei…