Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.595 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Meteoroloxía

  • Plásticos ribadenses, AD, e Gong Ribadeo, TI

    Pasou o Gong. Coido que na nosa zona, sen pena nin groria, máis cicloxénese por concentrarse os ventos que explosiva, que parece que a explosión quedou máis ven noutros lugares. Aínda que algunha cousa houbo para poder sacar foto, como a invasión de restos diversos de troncos e ramas na rada do porto pesqueiro (por…

  • A temperie ribadense no 2012

    Collido de Física e Química en Ribadeo. Rematou 2012. Un ano máis, un ano menos, segundo como se mire, sen grandes excesos meteorolóxicos, a diferenza doutros anos anteriores. Cos datos recollidos na Granxa-Escola Pedro Murias, pódese trazar unha semblanza da temperie en Ribadeo o pasado ano 1.Introducción En Ribadeo contamos coa estación meteorolóxica da Pedro…

  • O cambio climático modifica os prazos das colleitas en Galicia

    … o que xa é perceptible dende hai moito. Aínda así, o artigo na ‘Voz de Galicia’ de 22 de novembro de 2012 ten un gráfico interesante, que recollo: E engade: O castiñeiro florece 17 días antes que en 1970 A anduriña adianta a chegada 15 días e dilata a súa partida 19 …

  • Torres no clube náutico de Ribadeo

    Hai xa longo tempo (máis de medio ano) que hai instaladas un par de torres con xeradores eólicos de eixe vertical na zona do club náutico, e mesmo téñome referido a eles en algunha ilustración do blog. Onte vin unha nova que volve sobre o tema, dicindo que pronto se terá os resultados do seu…

  • Previsión

    Prognóstico ‘eleitoral’, de hoxe mesmo: Meteogalicia: de ceo despexado (agora) a alternancia de nubes e claros, e aumento das nubes cara á noite … Aemet: 30% de probabilidade de choiva pola tarde-noite … A lembrar que o índice de acertos non é ó 100%, pero achégase.

  • Debuxando coa choiva

    Onte choveu. Abondo, ó solpor. Goyi Gómez tomou unhas fotos e pasoumas. As primeiras dan fe dunha luz especial, bonita, na zona da illa Pancha, nun momento de choiva máis lixeira. Pero as segundas són máis chamativas. A posta de Sol estaba naturalmente cara ó oeste: Vemos abaixo a ponte dos Santos  nun momento de…

  • corrección da entrada de datos meteorolóxicos última

    Teño a necesidade de poñer a nova dunha corrección sobre datos meteorolóxicos, debido a unha lamentable equivocación de rutina de tratamento de datos na última entrada de meteoroloxía. A nova está ademais, ampliada con máis gráficas: http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/10/sobre-o-clima-en-ribadeo.html

  • Rematou o verán: verdade climatolóxica

    Recoñecemento de erro. Deixo a entrada de abaixo tal como foi posta en principio, mais hoxe, día 2 de outubro, remato de descubrir un erro que me levou a que os datos e as gráficas de choiva (non as de temperaturas) esteñan mal. A entrada está refeita en http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/10/sobre-o-clima-en-ribadeo.html. — —  Ligo unha entrada de…

  • O ceo de Ribadeo: de Ribadeo, ó ceo …

    Unha tarde espléndida, con nubes sobor de Ribadeo, onte á tardiña, con fotos collidas entre a r/San Miguel e o cargadoiro. Unha mostra:

  • Cambio climático aplicado a Ribadeo: temperaturas do verán

    Onte falei sobre o cambio climático aplicado a Ribadeo, a conta das medusas. E prometín datos. Noutro día con boa temperatura para setembro, aquí vai unha tanda de datos da Pedro Murias elaborados; son correspondentes ós meses de xullo e agosto do que levamos de século (2001-2012). Na primeira gráfica está todo confuso: corresponde ás…