Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.243 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Meteoroloxía

  • A temperie de Ribadeo en 2015: 1.- Temperatura

    Temperatura media en Ribadeo, 14,07 ºC A temperatura media mes a mes pódese representar de diferentes xeitos. Aquí deixo as medias mensuais no que vai de século en Ribadeo notando que o mes máis frío segue a ser febreiro e o máis cálido, agosto (máis abaixo, a táboa cos datos): Na primeira gráfica apréciase a…

  • A Terra non é importante

    Que é a nosa casa común? E que? Nas casas grandes sempre houbo espacio abondo para ter as habitacións boas e os cuartuchos de servicio. E parece que, aínda que pequena, a Terra preténdese que sexa así. E non só en París, procurando ganancias duns fronte a todo o resto, co que aplicando a teoría…

  • Aproveitamos só o 1,6% da auga caída? Sempre nos quedará París?

    Vista dende a nova Galicanarias de invernos suaves e secos, o cumio sobre o clima parece lonxe… Ribadeo aproxímase ao fin de ano cunha temperatura media alta abondo e pouca choiva, e días de boa temperatura se estiveramos no outono. Aínda así, con datos da Pedro Murias, non creo que chegue a ser o ano…

  • O cumio de París, visto dende Ribadeo a traverso dunha factura

    Comezou xa o cumio de París sobre o clima. Sabemos que nos afecta, e, ó tempo, sabemos que alí haberá diversas manobras relacionadas con intereses rexidos polos cartos. Porque tamén sabemos que o manexo dos cartos pode paliar ben por agora os efectos do clima (para quen teña os cartos, de paso que lle dan…

  • Meteoroloxía en Ribadeo hoxe, e unha pequena reflexión

    Chove, e leva chovendo a última parte da noite. Miro e atopo que a estación automática da Granxa Pedro Murias non fuciona1: ten todos os seus parámetros fóra de medición. Como Luciano Zubillaga xa se xubilou e non hai quen se encargue da estación manual (nos últimos tempos tamouco el se facía cargo), non hai…

  • Nova marca de temperatura

    Este verán, de media, fixo bo tempo pero tampouco ten sido excesivamente caloroso en Ribadeo. Mais hoxe, 20 de xullo, cuarto día no que a estación meteorolóxica de Pedro Murias pasa de 27 ºC (unha referencia que teño para un pequeno estudo comparativo interanual), o termómetro achegouse ós 30 ºC á unha da tarde UTC…

  • Algunha pincelada sobre a chuvia

    Un día máis, chove antes de amencer. Decido recoller a folla de cálculo sobre a choiva e actualizala. Canso xa da imaxe de chuvia, lévome unha sorpresa: este inverno é certo que está a chover, pero nada excepcional. Este cansanzo é algo cíclico. Como se pode ver na táboa supra, os meses que levamos de…

  • Hoxe, bo día

    Primeiro día do ano, mañá clara, algo fría, pero espléndida. Por hoxe, só un resume de temperaturas da temperie ribadense do xa pasado ano 2014: Como xa tiña anunciado, en Ribadeo o 2014 foi o máis cálido do século e o máis cálido do que se teñen medidas, a pesares de que o penúltimo día…

  • Cambio de estación

    Esta madrugada apreta o vento. Non tanto, ó fin. Outros días vai moito máis. De calquera o xeito, chama a atención ó espertar. Se onte ó comezar o día seguiramos ó vento, hoxe a estas horas poderiamos estar a catrocentos km de aquí… O que leva a pensar que ‘agora si’ podémonos despedir da temperie…

  • Tres anos, tres chuvias

    Agora mesmo, 7 e media da mañá do 25 de novembro, está a chover a cántaros en Ribadeo. Onte choveu, antonte choveu moito… Episodios de choiva dánse con certa frecuencia en calquera parte de Galicia. Mais a memoria é curta, e a percepción deste tipo de fenómenos leva a engano. Collín os tres episodios de…