Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Meteoroloxía

  • Pasou o 21 de xuño

    Estamos xa no verán. Con días espléndidos entrou. Hoxe, xa verán, as nubes enchen a cúpula do ceo. Mais onte e antonte facía calor con ceos claros a maior parte do día. Calor agobiante, dirá alguén. Agobiante para os parámetros normais de Ribadeo. Deixo só uns cantos datos para facer a comparativa con outros anos,…

  • Hoxe é o día máis longo de ano.

    O día segue a durar 24 horas, mais é o que ten máis tempo de luz, co sol sobre o horizonte. Ademais, en Ribadeo hoxe o ceo está despexado. Para desfrutar o tempo libre, se o hai. E para axudar a pasar o tempo ocupado en caso contrario. Hai unhas 16 horas de ía para…

  • Un par de fotos de G. Gómez para comprender o Fiouco

    O par de fotos anterior (ampliables premendo co botón dereito do rato) poden servir de mostra complementaria ó artigo ‘O Fiouco, néboa explicada (que non resolta)‘. Foron tomadas esta fin de semana dende a subida de Vilanova ó Fiouco cara á zona entre Pena Corveira e A Valiña, amosando o mesmo fenómeno que produce a…

  • O Fiouco, néboa explicada (que non resolta)

    Avanzando a primavera, comezan a sentirse máis os peches da A8 no Fiouco. Acadarán o seu máximo cara a xuño, e voltarán descender en intensidade ata o mínimo invernal. É unha predición doada, coñecida de vello pola xente do lugar, explicada polo funcionamento de ventos e humidade e por se acaso, estudada nun costoso informe,…

  • Estamos na primavera

    Si, un dos días máis chuviosos do ano (dun ano que está resultando chuvioso), con temperaturas normais para hai uns anos, pero non para este, despois de sucesivas marcas de altas temperaturas. Si, hoxe, ás 4:30 da pasada noite tivo lugar ó equinoccio de primavera, o momento no que o eixe de xiro da Terra…

  • Triste marca

    Oé, oé, oé… unha nova marca para Ribadeo! O pasado 21 de xaneiro, onte, foi o 21 de xaneiro máis cálido do século en Ribadeo! Clebrámolo? Estamos orgullosos? Coido que non, que non é cousa do un nin do outro. Onte, xa anoitecido, sorpendinme a min mesmo en camisa pola rúa. Cando me decatei, a…

  • Nunca choveu que non escampara

    Despois duns cantos días de chuvia, elixo unha foto xa vella (ten ano e medio) do arco da vella sobre as árbores do parque para testemuñar que (agora) non chove. Despois da seca do ano pasado, mesmo do decembro pasado, colleunos de sorpresa a auga. Nos 12 primeiros días do ano, en memos da trintava…

  • A temperie de Ribadeo en 2015: 2.- Chuvia

    Segunda entrega da serie sobre a temperie no ano 2015 (a primeira foi sobre a temperatura) feita cos datos da Pedro Murias. Na gráfica comparativa entre os anos do século 21, o pasado 2015 ocupa un lugar non moi visible, de cuarto ano con menor cantidade de chuvia caída (781,8 L/m2), manténdose sempre en niveis…

  • O quecemento global, dende Ribadeo

    Nun artigo anterior deixei esta gráfica, representando a media de temperaturas, en ºC, ó longo de cada ano do que vai de século en Ribadeo: Da unha idea de que a temperatura media ten subido en Ribadeo ó longo do século, axustada, algo máis de 0,4 ºC. Dito así, non parece gran cousa. Pero a…

  • A temperie de Ribadeo en 2015: 1.- Temperatura

    Temperatura media en Ribadeo, 14,07 ºC A temperatura media mes a mes pódese representar de diferentes xeitos. Aquí deixo as medias mensuais no que vai de século en Ribadeo notando que o mes máis frío segue a ser febreiro e o máis cálido, agosto (máis abaixo, a táboa cos datos): Na primeira gráfica apréciase a…