Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Meteoroloxía

  • Previsión do tempo para o pre fin de confinamento

    Polo que parece, o sábado 2 de maio será o primeiro día no que se permita facer algunha actividade que comece a marcar o fin do confinamento, como o exercicio ó ár libre. En Ribadeo contarase co apoio da temperie: ata 25 graos, soleado e con vento.

  • O concello de Ribadeo, a escala

    Collo un post de hoxe mesmo de fqribadeo e engádolle unha foto da ESA co concello de Ribadeo aproximadamente a escala para comparalo cun iceberg recén forneado na antártida: Auga para Ribadeo para 300 000 anos Auga para Ribadeo para 300 000 anos: ese é o resume do ‘último polo momento’ iceberg desprendido da Antártida:…

  • O cambio climático que afecta a Ribadeo

    Onte foi un día caloroso en Ribadeo. A Pedro Murias marcou 31,7 ºC. Unha temperatura que ata outubro de 2017 tería suposto unha nova marca das temperaturas no século no noso pobo. A mediados de outubro dese ano, o día 15, a marca pasou a estar en 35,4 ºC, deixando moito máis alto o listón.…

  • E os reis veñen traendo… frío!

    Este comezo de ano ven marcado polo frío. Se no 2017 tivemos o comezo de ano máis frío do século, este pode volver batir a marca, a pesar de que as temperaturas medias ó longo do ano seguen en aumento (de feito, no 2017 bateuse dúas veces a marca de temperatura máis alta acadada na…

  • Lembrando o inverno

    Paso por Meteogalicia unha vez máis para recoller datos, e constato de que, a piques de entrar na primavera (este ano, o día 20), as previsións de frío para eta semana non chegan nin de lonxe ós números baixo cero que chegou a haber hai pouco menos dun mes (día 23 de febreiro, gráfica abaixo),…

  • Agasallo de reis: a temperie ribadense no 2017

    Remato de rematalo, remato de colgalo: A ligazón está aquí. O mesmo, en fqribadeo. — Aquí, o que dicía da temperatura os anos anteriores: En 2017 En 2016 En 2015 En 2014

  • Sensacionalismo meteorolóxico

    Hoxe, cinco de xaneiro, o día no que desfilarán os magos, todo engano por unha causa que comezou sendo boa pero transmutouse ata chegar ó consumismo (que non ó comunismo) vía inflación, téntame sentirme tamén contaxiado de algo parello. Probo coa inflación nas novas, en algo que non é a primeira vez que aparece no…

  • Temperies e interpretacións

    O 15 do mes pasado foi o día de temperatura máis alta no que levamos de século en Ribadeo. O Cambio climático non só e medido, senón que é sentido a traverso da nosa pel e tamén polos fenómenos que produce. Os datos acumúlanse. Este ano está resultando seco, aínda que hai un un par…

  • Aire ulindo a eucalipto queimado

    Estou oíndo chover antes de amencer. Que non chova torrencialmente para evitar que a terra queimada vaia parar ós ríos é a pregaria de hoxe. A de antonte era para evitar as mortes e o terreo queimado. Pero onte non había pregaria, senón noite a mediodía, luces acesas nas casas e nos coches para poder…

  • O día de temperatura máis alta no século

    Onte foi o día de temperatura máis alta do século en Ribadeo. A estación meteorolóxiaca Pedro Murias chegou a medir 35,44 ºC ás dúas menos dez da tarde UTC (catro menos dez hora legal). A máxima anterior fora acadada o 12 de xullo, con 31,4 ºC, abondo máis xunto ó día de hoxe que anterior…