Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: fotos

  • Algunhas fotos de outono na ría de Ribadeo

    Unha volta pola ría soe estar ben, pero hai momentos nos que está mellor…

  • Ribadeo en Windows 10 spotlight images

    Remato de recibir a nova. Un blog, Windows 10 spotlight images, que acumula as imaxes decargadas dende Microsoft para o fondo de windows 10, ten como primeira imaxe a que presento abaixo, tomada dende o cargadoiro ó interior da ría de Ribadeo na que se ve a ponte dos Santos, o peirao deportivo de Porcillán…

  • Pola recuperación de dereitos

    Onte houbo manifestación en Ribadeo. 1º de maio. Collo algunha das fotos de Suso Fernández para lembrar no blog a manifestación. Xente loitando polos nosos dereitos. Algunha xente loitando polos dereitos de todos. Ós que máis se ve son ós das pancartas, pero sen os de atrás, nada se faría.

  • Unha exposición de ovos

    Non é o primeiro ano que no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo organiza unha exposición de ovos con motivo literario: representar unha obra literaria de xeito comprensivo (unha escea, un persoaxe, …). Este ano está rematándose de montar, e será visitable tamén a próxima semana na entrada do IES:

  • Derrumbe(s) con máis dunha década por medio

     Fotos do derrumbe de onte, dende a ponte dos Santos e dende a beira da estrada ó faro. Vese claramente o lugar, xunta ó albergue de peregrinos.  — Onte houbo un novo derrumbe na zona na que o 30 de decembro de 2005 outro anterior provocara o corte da estrada do faro, como se ve…

  • Placas en Porcillán

    Hai xa meses que o blog comezou a conter fotos das novas placas descritivas de Sargadelos, que describen trinta lugares do rueiro de Ribadeo. Dende aquela, publicouse un folleto recollendo o seu contido, mais coido non da unha idea adecuada da beleza das placas, polo que sigo recollendo fotos ata completar o conxunto. Hoxe tocoulle…

  • Despois do 8M, en Ribadeo

    Éxito. En toda España. En en Ribadeo. Aproximadamente, 1/6 das mulleres de Ribadeo, entre 0 e 100 anos manifestáronse arredor do mediodía. Quedan agora os outros días do ano. Éxito tamén?

  • Detalles no paseo das Aceas

    Fotos para amosar cousas. O corte de eucaliptus e repoboamento de frondosas na zona do Costal permite fotos que posiblemente non serán repetibles dentro duns anos. E cousas como a invasión de ostras, que xa chega ás Aceas, tamén.  As Aceas, en baixa, vista dende o paseo.  Surco e meandros formados polo desaugue do encoro…

  • 7 de decembro? Xa chegou o Nadal a Ribadeo

    O de que é o Nadal, iso xa é fariña doutro costal. Alumedado, Mercado, Pista de xeo… os atributos que se foi colgando o Nadal ribadense xa están preparados ou funcionando, e as vendas e a ocupación hostaleira, eses outros atributos procurados, parece que tamén van. Será pois cousa de redefinir o Nadal. Ó cabo,…

  • A ría, hoxe

    A ría de Ribadeo sempre é unha sorpresa. Hoxe, coa marea baixa e a luz da preparación para a chuvia, máis aínda que noutros momentos. Unhas fotos para testemuñalo: