-
Para comezar o día, unha imaxe de Ribadeo
góstavos? Remato de cargala na Galipedia (clicar sobre as imaxes da páxina da Galipedia para velas máis grandes) e pensei que estaría ben tamén no blog.
-
Domingo activo por Ribadeo
Os domingos case sempre son días especiais, concebidos para o ‘dolce far niente’ e estragados polo ‘non sapere niente far’. Neles ás veces atopamos unha laboriosidade que non se pode desenvoltar os días de diario e outras un desasosego por non saber que facer ou coidar de non facer nada contra o que lle pide…
-
Sábado, banda, Amadores da Música, Hernán, Ribadeo…
Hoxe, sábado, fun á xuntanza anual de Amadores. Menos do 4% dos socios estabamos alí. Mágoa. xa o dixo tamén o director da banda, Lourenço: asómbrase da pouca participación. Como quen oe chover. Daniel, o presi de Amadores, desgranou o ano e despois, con outros criterios, tamén o director. Antes, o tesoureiro, Marcos, deu conta…
-
Ribadeo, dende unha grúa
As dúas imaxes de hoxe son unha curiosidade: dous aspectos dun mesmo lugar (o peso morto para basar unha grúa), vistos a nivel do chan e a 32 m de altura, na cabeza da grúa (dende o comezo da contrapluma). O lugar de situación da grúa non da para moito máis, aínda que algunha foto…
-
Por encargo
Para a entrada de hoxe recibín un encargo, e en parte acepteino por eso vai ser unha entrada especial. O encargo era relacionado coa nova que apareceu onte da crítica do presi de Intel (a empresa de máis volume de ventas en procesadores informáticos) que o o ordenador chamado ‘dos 100 dólares’ é (pouco máis…
-
Paso dos 2000
Onte pasaron das 2000 entradas no blog dende o seu nacemento. Graciñas pola confianza de todos os que aquí entrades. Espero seguir tempo con el, se a censura non actúa (e eu non lle dou motivos como ata agora levo feito) … vai algún tempo, algunha visita me fixo recapitular e ando coa mosca tras…
-
Amigos e música en Ribadeo
Pola miña culpa, non puiden asistir a unha reunión de asociacións contra o ruído en Santiago. Foi unha mágoa que tentarei suplir. En troques, tiven un día no que non só estiven acompañado pola familia, senón que puiden disfrutar da compañía de bós amigos, e para rematar, de música. A foto corresponde á actuación da…
-
Eduardo Baamonde, piscifactoría, … boas novas en Ribadeo
Tanta Miga e a súa barriga. Ese é o título do libro de Eduardo Baamonde para nenos, cuns estupendos debuxos e unha historia interesante, que se presentou esta tarde na Casa das Letras ribadense. Para ver e ler. Na presentación o autor lembrou a Suso Peña, o seu propio cariño por Ribadeo e…
-
Só unha foto
Con pouco tempo, só unha foto que quixen poñer xa deste verán (a longo tempo do Prestige) pero como consecuencia do Prestige… En Ribadeo pasou…que o alcalde declarou. Sobre o acoso. Negou todo. Mentras, na radio, o tema de urbanismo da coletazos, en espera de que reviva o PXOM.
-
Limpeza
Estiven a punto de non poñer foto hoxe. A razón? Despois de varios paseos por Ribadeo onte, teño claro que está cocho. E non me apatecía poñer unha foto de algo cocho. Por exemplo, o novo parque sobre a ría (o parque do mineral) está sen inauguración, pero xa está cocho e con malas herbas…